HomePontevedraCampo LameiroA Deputación continúa este martes a programación de Instrumentos da Memoria. Obradoiros...

A Deputación continúa este martes a programación de Instrumentos da Memoria. Obradoiros escolares sobre a música de raíz en Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro

- Anuncio -spot_img

A institución provincial, da man do seu deputado de Cultura, Jorge Cubela, acaba de estrear en Covelo, Fornelos de Montes e As Neves este programa que promove coa Fundación Legar co gallo do Día das Letras Galegas

Instrumentos da Memoria pretende achegar ás nenas e nenos da provincia a música de raíz, a creación musical autóctona e as tradicións

A Deputación de Pontevedra acaba de estrear en Covelo, Fornelos de Montes e As Neves Instrumentos da Memoria. Obradoiros escolares sobre a música de raíz. O deputado de Cultura, Jorge Cubela, participou esta mañá nesta actividade que promove o organismo coa Fundación Legar co gallo do Día das Letras Galegas e que este martes chega a Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro “para espallar a música de raíz, a creación musical autóctona e as tradicións entre as nenas e nenos da provincia”.

Instrumentos da Memoria trátanse de representacións musicais didácticas, lúdicas, amenas e participativas para dar a coñecer cuestións como a historia da música galega e os instrumentos empregados nela, algúns con base na natureza e outros mesmo en ferramentas de uso cotián, así como os xéneros musicais autóctonos. O principal obxectivo da Deputación de Pontevedra con esta actividade é reflexionar sobre a creación musical e as tradicións galegas, implicando os escolares no proceso de conservación do patrimonio cultural e musical, “alo que tanto nos identifica como pobo, que debemos preservar e que, precisamente, este ano se ten convertido en protagonista das nosas Letras da man das canteiras”, sinalou Cubela.

Os obradoiros, que durarán unha hora e cuarto, pasaron xa polas Neves, Fornelos de Montes e Covelo e, tras recalar este martes en Campo Lameiro (10:00 horas, CEIP Pedro Antonio Cerviño) e Cerdedo-Cotobade (12:30 horas, CEIP Plurlingüe de Tenorio), continuarán o xoves 14 en Vilanova de Arousa (9:35 horas, CEIP Plurlingüe de San Roque-Corón) e Portas (12:30 horas, CPI Domingo Fontán), o venres 14 en Bueu (9:30 horas, CEIP Montemogos de Beluso, Bueu) e rematarán o luns 19 de maio en Forcarei (9.45 horas, CEIP Soutelo de Montes) e Silleda (12:30 horas, CEIP Ramón de Valenzuela, Bandeira).

Publicacións Relacionadas