Co obxectivo de promover os valores do monte e as súas diferentes funcionalidades, comenzaron onte as Xornadas sobre os Montes. No programa deste sábado pasaron oradores de prestixiosas entidades comoa a Asociación Forestal de Galicia, Axentes Forestais, a Misión Biolóxica de Galcia CSIC ou técnicos de ADEGA.
Estas Xornadas, abertas á ciudadanía en xeral, pretenden ser unha experiencia enriquecedora co ánimo de valorizar a potencialidade, a biodiversidade e a funcionalidade dos Montes en Man Común.
A Mancomunidade anima aos comuneiros e comuneiras das Comunidades de Montes asociadas a participar na vindeira sesión, programada para o sábado 29 de marzo na que participarán oradores da Comunidade de Montes de Buchabade e da Asociación Forestal de Galicia. Nestas xornadas colabora o Concello de Cerdedo-Cotobade.