Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Jorge Cubela saca a contratación pública a obra de mellora integral da...

Jorge Cubela saca a contratación pública a obra de mellora integral da Escola de Música de Cerdedo por 71.049,72 euros

- Anuncio -

• Esta actuación permitirá acometer unha reforma do edificio para adecualo a un mellor aproveitamento lectivo e musical

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anunciou que o Concello acaba de sacar a licitación pública a contratación da obra de mellora integral do edificio que alberga a Escola de Música de Cerdedo, que conta cun orzamento de saída de 71.049,72 euros.

As empresas interesadas en participar neste concurso teñen de tempo para presentar as súas ofertas ata o 15 de febreiro e deberán facelo a través da Administración Electrónica do Concello de Cerdedo-Cotobade.

As obras propostas contemplan a reestruturación dos espazos co obxectivo de renovar o seu programa funcional, mellorar a súa eficiencia enerxética e modernizar as súas instalacións.
Preténdese ademais potenciar a relación ambiental entre o interior da edificación e o patio exterior a través dun vestíbulo elevando a cota do terreo para emendar as deficiencias de accesibilidade.

Esta actuación levarase a cabo tras asinar o Concello de CerdedoCotobade un convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda polo que se financiará con cargo ao Fondo de Cooperación a mellora integral da Escola de Música de Cerdedo, unha actuación que ten un orzamento inicial duns 77.000 euros.

Esta subvención solicitada á Xunta enmárcase dentro da liña de axudas a concellos para infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vencellados á prestación de servizos municipais e vai destinada a financiar estas obras a través das que se levará a cabo o revestimento dunha das fachadas con sistema de aillamento térmico exterior (SATE) para correxir problemas de humidades existentes na zona do aseo e contigua, segundo o proxecto redactado pola arquitecta local Mercedes Fernández Díaz.

Tamén se pretende realizar a urbanización do espazo de acceso que consisten en cambio de pavimento, actualmente deteriorado, por un de formigón pulido cunha pendente non superior ao 3% para mellora-las esixencias de accesibilidade das aulas en planta baixa, ademais de dotalas de mobiliario.

Entre outras actuacións, crearase un vestíbulo de entrada entre as dúas aulas, de 37,7 m2 realizado con estrutura metálica, cuberta de panel sandwich con falso teito de virutas de madeira, fachada acristalada con carpintería de madeira e chan de formigón pulido.

Outra das intervencións que se farán de acordo cos responsables formativos da Escola de Música é a unión das dúas aulas situadas na planta baixa demolendo o tabique transversal que as separa e o do corredor para crear unha gran aula de ensaio.

Aproveitaranse as obras para realizar a substitución das xanelas existentes no corredor que conformará a nova aula de música por outras que garantan maior aillamento térmico e acústico. Tamén se colocará unha tarima flotante sobre o pavimento existente na aula resultante en planta baixa e nas aulas situadas na planta superior e, finalmente, acometerase a reforma do aseo situado na zona onde están as aulas na primeira planta demolendo un tabique e substituíndo os dous sanitarios por un so.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas