HomeTabeirósCerdedo - CotobadeNeumólogos de toda España que participan nun congreso médico en Vigo visitan...

Neumólogos de toda España que participan nun congreso médico en Vigo visitan o proxecto pioneiro de reforestación levado a cabo no municipio

- Anuncio -spot_img

• O rexedor en funcións aproveitou a presenza dos doutores para poñer en valor os diversos e variados atractivos turísticos e gastronómicos que atesoura o municipio e animounos a coñecelos

O alcalde en funcións do Concello de CerdedoCotobade, Fernando Vázquez, e o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, José Manuel González, recibiron no Consistorio a unha delegación de médicos de toda España que participan nun congreso en Vigo da Sociedade Española de Neumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR). Dentro das actividades divulgativas deste encontro médico figura a visita ao proxecto pioneiro en España de reforestación posto en marcha no municipio por CO2 Revolution e Forestalis.

Fernando Vázquez deulle á benvida á delegación de médicos neumólogos e
cirurxáns torácicos e fíxolles unha pequena introdución sobre os principais
atractivos turísticos dos que dispón o municipio enxalzando de xeito especial a
rica e variada paisaxe natural, as praias fluviais, as rutas de sendeirismo, os
foxos do lobo, o turismo termal dos Baños do San Xusto, as carballeiras, a arte
rupestre e, especialmente, a rica e variada gastronomía.
Vázquez animou aos médicos a volver coas súas familias para disfrutar con
calma todos e cada un dos atractivos turísticos, o patrimonio histórico e natural
e as particularidades que atesouran todas e cada unha das parroquias que
conforman o extenso espazo que dá sentido ao concello de Cerdedo-Cotobade.

Posteriormente, e acompañados por varios membros de comunidades de montes adheridos a este proxecto de repoboación forestal, os neumólogos foron levados en autobús ata a plantación que se está a levar nos montes comunais de Borela onde puideron contemplar o proceso de recuperación dun espazo que foi vítima consecutiva de dous incendios que provocou un grave deterioro medioambiental.

Segundo lles explicaron técnicos forestais encargados de levar a cabo a reforestación, o proceso de recuperación é lento e traballoso e comeza coa plantación de pinus pinaster, o pino galego, coa intención de recuperar os nutrintes do chan e fixar a vexetación para que en anos sucesivos e a medio e longo prazo se poidan asentar especies frondosas cun mínimo de garantías de supervivencia.

Os doutores, provintes de varias partes de España, quedaron marabillados pola beleza natural de Galicia en xeral e de Cerdedo-Cotobade en particular, gabaron o proceso de reforestación e prometeron volver con calma para descobrir todos e cada un dos rincóns e atractivos turísticos dos que fixo gala o alcalde en funcións, Fernando Vázquez.

Publicacións Relacionadas