Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O alcalde de Cerdedo-Cotobade e os músicos inauguran o local da Banda...

O alcalde de Cerdedo-Cotobade e os músicos inauguran o local da Banda de Música Unión Musical de Tenorio

- Anuncio -

• Cubela satisfeito pola funcionalidade e beleza da remodelación deseñada polos arquitectos de Xesteira, Luisma e Juanjo Piñón, que fixeron que o edificio gañara en operatividade e servizo

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, os músicos da Banda de Música Unión Musical de Tenorio e membros da Corporación Municipal inauguraron o edificio remodelado que dará acubillo ás actividades formativas e de funcionamento desta senlleira agrupación musical que preside, Manuel Pazos Nores.

O acto inaugural consistiu no descubrimento dunha placa conmemorativa do evento, feito realizado conxuntamente polo alcalde, Jorge Cubela e o presidente da Banda de Música Unión Musical de Tenorio ao tempo que os membros desta agrupación, situados no remodelado escenario, interpretaban o himno de Galicia.

Esta obra, deseñada polos arquitectos locais, máis concretamente da Xesteira, Luisma e Juanjo Piñón, permite mellorar as instalacións existentes na Escola de Música de Tenorio e seguir co traballo de uso público para o fomento da educación musical e outro usos de carácter sociocultural que antes se atopaban moi limitados.

As melloras realizadas polo Concello de Cerdedo-Cotobade permiten dotar ao edificio de espazos axeitados para acoller os ensaios, as clases de música, así como as oficinas e instalacións administrativas e de almacenaxe de instrumentos, coa aplicación de melloras substanciais como o panelado de roble e tabica pladur, trasdosado autoportante, cambio do escenario, iluminación do salón de actos, rotulación da escola e do salón de actos, instalar fotomurais personalizados, instalar zócalos de protección nas aulas, realizar unha plantación de xardineiras exteriores, colocar paneis acústicos no salón de actos e aulas, adecuar a sala de debaixo do escenario, pintar o salón de actos e zonas anexas e colocar canaleta e impermeabilización da medianeira.

O alcalde, Jorge Cubela, amosou a súa satisfacción polo acabado da obra executada pola empresa pontevedresa Eicrós Gestión, S.L., gañadora do concurso público feito polo Concello ao que concurriron 5 empresas, e animou aos músicos e mestres a seguir co labor formativo e musical en mellores condicións que as que tiñan antes.

“Poñemos a disposición dos veciños e dos usuarios da Escola de Música unha infraestrutura sociocultural de grande importancia para a parroquia de Tenorio ao tempo que seguimos fomentando con garantías a educación musical como un dos elementos fundamentais que identifican aos veciños e veciñas desta parroquia. Sentímonos moi orgullosos da gran calidade musical que atesoura este Concello nas súas agrupacións musicais e escolas formativas en diversos estilos musicais e seguiremos apostando porque todas e cada unha delas poidan seguir desempeñando o seu labor con garantías, comodidade e apoio institucional constante”, sinalou o alcalde Jorge Cubela.

Finalmente, Cubela felicitou tamén aos arquitectos locais Luisma e Juanjo Piñón, autores do deseño da remodelación do edificio “porque foron quen de combinar harmónicamente as necesidades de espazo, acústica e necesidades formativas e de prestación de servizos da Banda de Música Unión Musical de Tenorio coas posibilidades que tiña a edificación sacándolle o máximo partido dun xeito non so eficaz senón eficiente polo que temos que felicitarnos todos polo resultado obtido”, indicou o alcade.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas