Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade O deputado do BNG no Congreso, Nestor Rego, participará este sábado nunha...

O deputado do BNG no Congreso, Nestor Rego, participará este sábado nunha concentración para demandar melloras na accesibilidade e seguridade na N-541 en Calvelo (Cerdedo-Cotobade)

- Anuncio -

A concentración terá lugar o sábado 23 ás 12 fronte ao almacén de Celso Míguez en Calvelo. Previamente manterá unha reunión con veciños e veciñas do lugar

O portavoz municipal do BNG, Ernesto Filgueira, cumprindo co compromiso adquirido cos veciños e veciñas de Calvelo, deu conta das iniciativas que a organización nacionalista presentou tanto no Concello como no Congreso demandando a urxente mellora na accesibilidade e seguridade da N-541 ao seu paso pola parroquia.

Para urxir á mellora da estrada, O BNG convoca unha concentración á que anima a todos os
veciños e veciñas a asistir, para o vindeiro sábado 23 ás 12 da mañá fronte ao Café Obelix, que contará coa participación do deputado no Congreso, Nestor Rego, quen previamente manterá unha reunión con veciños e veciñas no Bar Obelix.
O BNG demandará no Congreso:
• Un paso elevado que permita a comunicación dos dous lados de Calvelo
• A creación dun carril de incorporación dirección Ourense á altura do café Obelix
• A creación dunha plataforma peonil paralela á estrada, que garanta o acceso seguro dende Calvelo até Tenorio, onde se atopan os servizos básicos coma o supermercado, a carnicería, o centro de saúde ou os centros escolares.

Por se fose pouco, o estreito arcén da estrada e unha marquesiña que se asulaga cando chove crean problemas engadidos non só de accesibilidade, senón tamén de seguridade, de forma especial para os nenos e nenas e para as persoas maiores que utilizan este arcén e a
marquesiña.

O BNG -anunciou Filgueira- “vai seguir insistindo con todas as nosas forzas até lograr que o
ministerio de Fomento poña solucións aos actuais problemas de accesibilidade e seguridade na N-541 en Calvelo”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas