HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela supervisa o remate da construción do depósito regulador da traída de...

Cubela supervisa o remate da construción do depósito regulador da traída de augas de Liñeiriños

- Anuncio -spot_img

• O alcalde salientou a importancia deste tipo de infraestruturas para abastecer con plenas garantías á poboación no entorno rural do municipio

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o tenente de alcalde Fernando Vázquez inspeccionaron o remate dos traballos de construción do depósito regulador de auga de 64.000 litros que abastece á comunidade de usuarios de augas de Liñeiriños cun investimento total duns 50.000 euros dos cales o Concello aportou unha axuda de 37.000 euros e o resto correu por conta dos veciños beneficiarios desta traída que preside Manuel Nieto.

Esta nova infraestrutura de abastecemento de auga permitirá dar servizo a unha trintena de vivendas dos lugares de Cuiñas, Camiño Novo e Cabanelas na parroquia de Viascón.

Este novo depósito regulador conta cunha capacidade total duns 64.000 litros e dispón dun panel fotovoltaico que permitirá subministrar a enerxía eléctrica suficiente para iluminar o interior do habitáculo e poñer en marcha un sistema de cloración que permita garantir a salubridade do subministro ás 30 vivendas enganchadas á traída veciñal de Liñeiriños.

O alcalde, Jorge Cubela, aproveito a visita para manter un pequeno encontro cos directivos da comunidade de usuarios de augas de Liñeiriños, que preside Manuel Nieto, e valorar a importancia de contar con este tipo de infraestruturas nos núcleos rurais para garantir un subministro eficaz de auga corrente.

Tamén aproveitaron para poñer en valor os traballos que están realizando os técnicos responsables da redacción dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo de Galicia do que forma parte como un dos concellos pioneiros o de Cerdedo-Cotobade.

Segundo Jorge Cubela “a mellora e sostenibilidade dos sistemas de abastecemento de auga á veciñanza é unha prioridade máxima que temos no noso concello e facilitaremos todos os medios que estean ao noso alcance para garantir un subministro en condicións e operatividade suficiente para permmitir que os veciños de todos os lugares e aldeas dispoñan dun sistema eficaz. Para elo tamén é necesario que as traídas se legalicen e dispoñan de equipos responsables que participen das iniciativas que desde a administración pública se poñen en marcha para poderse beneficiar de axudas e de proxectos de mellora”, indicou o rexedor.

Publicacións Relacionadas