HomePontevedraDezaTaboada aforra coa súa xestión 486.000€ o concello

Taboada aforra coa súa xestión 486.000€ o concello

- Anuncio -spot_img

• Taboada afirma que os números non menten, e confirma que consegue un aforro no seu mandato de máis de 486.000€ para o consistorio.

• Taboada ao PP “Jesús Otero parece mentira que noncoñeza as leis despois de máis de 30 anos custándolle ao concello 60.000 euros ao ano e anímao a que explique, cal foi o motivo de que se cambiou á interventora, xa que polo visto non existen os cesamentos”

Taboada quere dunha vez por todas acabar coa polémica de quen gasta máis no concello, e para iso presenta diante dos seus veciños e veciñas os números reais polos cales afirma que o PP e o BNG seguen mentindo e difamando cos gastos xerados para o funcionamento do concello. Con respecto aos gastos do concello Taboada xera para as arcas municipais un aforro anual de 121.500€ o que supón 486.000 euros de aforro na lexislatura.

Para que non haxa lugar a ningunha dubida Taboada desagrega os gastos do anterior goberno do señor Jesús Otero da seguinte maneira: soldo do alcalde Jesús Otero e os 3 concelleiros con dedicación do goberno e outros 3 cobrando Xuntas de Goberno e plenos custaban ao ano a frioleira de máis de 162.000 euros ao ano o que supón nunha lexislatura a cantidade de 648.000 euros que custaban os cargos políticos do PP.

En cambio o goberno de Xuntos, o alcalde non cobra o que ocasiona uns gastosde 0€ ao concello e os 2 concelleiros con dedicación custan ao concello soamente 40.000 euros ao ano xa que non se cobran as Xuntas de Goberno o que fai nunha lexislatura un gasto total de 160.000€

Unha vez realizada esta operación pódese ver claramente que se restamos o gasto do PP que eran 648.000€ ao gasto que xera nestes momento Xuntos de 160.000€ ocasiona un aforro para as arcas municipais de 486.000 euros nunha lexislatura, datos que pode comprobar calquera veciño ou veciña, polos cales Taboada dille ao PP que non son os máis indicados para dar leccións de economía.

É máis Taboada continua aclarando as mentiras vertidas polo PP e o BNG, que como sempre dan notas de prensas conxuntamente collidos da man coma se fosen parella, pero sempre mentindo, porque deben de pensar que os cruceños e cruceñas non teñen criterio, e atrévense a dicir que Taboada gasta nun asesor de comunicación 18.000 euros ao ano cando Jesús Otero tiña un cargo de Confianza que lle constaba ao concello 34.000€, o que vén sendo 16.000€ máis barato, pero aínda non están conformes e resulta que a arquitecta contratada polo concello custa 22.000 euros ao ano, en cambio non din que a anterior herdada do PP pasaba dos 45.000€, o que supón un aforro doutros 23.000€, que se sumamos ambos os aforros suman 39.000 euros ao ano que poden investir nos veciños e veciñas, á vez que se resolven os problemas que tamén veñen herdados do anterior goberno do PP, como o ter que contratar avogados para defenderse diante os tribunais, da denuncia presentada polo persoal de confianza de Jesús Otero, ou a máis recente no caso dos mapas Hilgen, ou incluso o ter que contratar unha arquitecta, mentres non sae o concurso, o ter que perder a que tiñamos por sentencia xudicial herdada do PP.

Agradece ao PP e ao BNG a súa preocupación porque os funcionarios tivesen un atraso na cobranza das súas nominas neste mes de maio, pero afirma que os propios funcionarios están totalmente tranquilos, xa que saben perfectamente cales son as causas que provocaron tal atraso. Saben que este é un concello economicamente forte, que non ten problemas de liquidez e que o atraso é debido á burocracia para realizar os pagos, ao non ter interventor nin tesoureiro, algo que xa está resolto.

PP e BNG confirman o que anunciaba Taboada na nota de onte, na necesidade de cambios en Intervención e na axilización da tramitación do pago de facturas a provedores, algo primordial para o goberno de Xuntos, “os provedores teñen que cobrar en tempo e forma e o goberno está para resolver estes problemas, xa está a oposición para tentar que non o consigamos” afirma Taboada.

Publicacións Relacionadas