Home Pontevedra Deza Taboada agradece a Naturgy a súa colaboración dotando de iluminación a o...

Taboada agradece a Naturgy a súa colaboración dotando de iluminación a o servizo do Ferri de Portodemouros

- Anuncio -

Hai que seguir avanzando para adaptar o servizo o novo século e o novo milenio

Taboada despois de instar á Xunta no mes de marzo, a tomar as medidas necesarias para que a empresa concesionaria do encoro de Portodemouros, situado no curso do Ulla  entre os concellos de Vila de Cruces e Santiso, Arzúa, cumpra coas súas obrigas a respecto das condicións que se deben dar para realizar un servizo óptimo para as instalacións que comunican as parroquias de Loño (Vila de Cruces) e Beigondo (Santiso), posto que o ferri avariábase causando problemas nos desprazamentos entre estas dúas vilas.

Hai un ano solicitouse a modificación do ancho actual das ramplas de acceso á embarcación, e que considerou non debería ser inferior a 13 metros en toda a lonxitude. Tamén solicitou a dotación dunha nova barcaza con capacidade como mínimo para 20 toneladas de carga e un espazo de 13 metros de longo, algo que nestes momentos se ve como o mais lóxico despois de máis de 40 anos de antigüidade que ten a actual, e que nos últimos tempos está tendo avarias que supoñen semanas enteiras sen o servizo.

Despois de estas petición que seguen pendentes, Taboada falou coa empresa Naturgy directamente, para trasladarlle estas peticións e tamén a necesidade de que se instalaran iluminarías que ofreceran seguridade nos accesos a barcaza cando se fai de noite, xa que non existe ningún tipo de iluminación agas as propias da barcaza e dos vehículos.

Naturgy escoitou as peticións do alcalde Luis Taboada e nestes momentos a empresa esta instalando máis de 2 decenas de postes para dotar de iluminación estas instalacións, algo que dará máis seguridade e facilidades para a súa utilización en horas nocturnas

Taboada agradece esta boa actuación da empresas Naturgy, e pola súa banda Taboada cree que e moi necesario para completar a seguridade de esta instalación agora que vai dispoñer de iluminación tería que complementarse coa colocación de vallas de seguridade en toda a contorna, e volve a instar a Xunta de Galicia para que medie novamente e transmita a necesidade de adaptar este servizo a un novo século e a un novo milenio despois de 40 anos aportando solucións ao problema.

Relacionadas

A Biblioteca Municipal de Mos María Magdalena inaugúrase cunha ampla representación da gran familia...

0
O novo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, José López Campos, asistiu ao que foi un acto tremendamente emotivo e familiar A Biblioteca Municipal...

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas