- Taboada recalca que moitos deses provedores son autónomos e pequenas empresas locais que lles fai moita falta o diñeiro, segundo o rexedor “é vergoñoso que utilizan a necesidade de cobrar destes provedores de forma electoralista como fixeron.”
- Taboada volverá levalas a pleno canto antes porque se achega o nadal e vaia agasallo están a facerlles, aínda que isto supoña ter que pagar ao PP ao BNG e ao PSOE máis de 800 euros por asistencia ao pleno, ¡que parece é o que buscan!, por non falar do tempo que algún funcionario solicita no seu traballo para asistir a estes plenos.
Hoxe celebrouse un pleno extraordinario con dous puntos fundamentais que eran o pago dunhas facturas de traballos realizados para o concello por diversas empresas e autónomos que se quedaron sen crédito e a aprobación do Regulamento da Escola Municipal de Música, que era o último escollo para sacar o concurso.
Un pleno que tería que ser un mero tramite, converteuse nun acto de pura inquisición por parte dos grupos da oposición, como se pode comprobar na gravación do pleno que se atopa en Youtube, un pleno que durou máis de hora e media nos que o alcalde contestou a todas as alegacións que lle foron facendo sobre as facturas, preguntas que foron contestadas polo rexedor minuciosamente e con respecto detallando os traballos realizados e o porque se facían.
Pero polo visto para PP,BNG e PSOE isto non foi suficiente e preferiron que non se pagase as facturas a estes empresarios e autónomos que realizaron os seus traballos para o consistorio, e segundo Mireya concelleira de Facenda a escusa que puxeron a oposición non é de recibo, mesmo segundo Mireya “teñen a desvergoña de ameazarnos e amedrentarnos dicindo que agora informariamos os veciños inclinando a balanza ao noso favor, pero que xa se encargarían de dicir eles que nós somos (uns mentireiros e que iso non é verdade), parece mentira que o señor Fiuza trate de ignorantes e incrédulos a veciñanza de Vila de Cruces, que soamente ten que mirar a gravación do pleno do día de hoxe para darse conta das malas mañas da oposición, que calquera escusa válelles, para gañar tempo e por suposto para obrigarnos a que fagamos outro pleno, co cal embolsarse máis de 800 euros dos contribuíntes, porque quero lembrar aos nosos veciños e veciñas, que tanto Luís como Julio ou eu mesma non cobramos por asistencia a plenos nin a comisións, pero eles ¡si que o fan!, e espero que no próximo pleno (que será antes do que se pensan), aproben o pago das facturas e despois teña a dignidade de non cobrar ese pleno, porque no día de hoxe puido quedar solucionado, e non o fixeron por amolar e así atrasar aínda máis os pagos a estes proveedores”.
Doutra banda Julio López tivo un encontrón co portavoz do BNG que solicitaba uns cambios na regulación, os cales se atenderon en parte, xa que un dos puntos entendíase que non era fundamental para a aprendizaxe dos alumnos e non se realizou o cambio, nese momento o señor Fiuza deixou entrever (como se pode comprobar na gravación do pleno) que non era partidario de sacar o concurso da Escola Municipal de Música ao preguntar directamente ao tenente de alcalde ¿se fixera algún informe da viabilidade para soster economicamente dita Escola Municipal?, sendo este coñecedor de que sempre foi deficitaria ao longo dos últimos 30 anos. Que pretendía o señor Fiuza?, ¿talvez que o goberno se botase atrás e non fixese o concurso?, ao que Julio López contestoulle, que era coñecedor de que era deficitario, pero que precisamente se fan este tipo de actuacións para poñer en valor a cultura da Vila e conseguir máis alumnos ao ter máis opcións de aprendizaxe. Segundo López, “unha incongruencia máis dun BNG desnortado que só busca réditos políticos, xa que primeiro non lle parecía que economicamente se realizase a Escola de Música, pero despois ante a presión dos demais grupos votou a favor, como se pode comprobar na gravación”, saíndo adiante por unanimidade.



