Home Pontevedra Deza Taboada denuncia as irregularidades fiscais por parte do ex-alcalde de Vila de...

Taboada denuncia as irregularidades fiscais por parte do ex-alcalde de Vila de Cruces Jesús Otero

- Anuncio -

A consecuencia de una revisión catastral, o actual alcalde de Vila de Cruces Luis Taboada, xunto co seu equipo, descubriu unha situación preocupante relacionada co candidato do PP, Jesús Otero, e os seus antecedentes de irregularidades fiscais. Segundo a información pública, Otero, que foi alcalde de Vila de Cruces no pasado, utilizou o seu posto para evadir o pago de impostos e realizar obras sen licenza municipal na súa propiedade. Conta cunha licencia para vivenda que según datos catastrais ten 80 m2 destinados a aparcamento e semisoto, e 146 m2 destinados a vivenda en planta baixa e 156 m2 destinados a vivenda en planta primeira, ademais dunha piscina; das que si paga o IBI.

En cambio, descubriuse que nesa parcela propiedade de Otero no Lg. Moa, na Pq. Merza, atópanse varias edificacións anexas á súa vivenda que carecen de licenza de obra para a súa construción. Estas construcións teñen unha superficie de polo menos 554,00 m2 e destínanse a diferentes usos como comedores privados, adegas, entre outros. O máis preocupante é que utilizou a súa posición de alcalde para evadir o pago da licenza de obras e os deberes como cidadán de solicitala. E por suposto evade o pago do IBI (Imposto sobre Bens Inmobles) destas construcións ilegais, o que supón unha fraude aos cidadáns que compren coas súas obrigacións fiscais.

Estas propiedades teñen unha antigüidade superior a seis anos, o que significa que non se poden reclamar a súa legalización, pero pódese esixir que o Sr. Otero pague os impostos que non pagou durante os últimos máis de vinte e cinco anos, mentres que el era o alcalde de Vila de Cruces.

En resumo, o Sr. Otero utilizou a súa posición de alcalde para evadir o pago de impostos e realizou obras sen licenza municipal na súa propiedade.

Ademais, evadiu o pago do IBI destas construcións ilegais, o que supón unhafraude aos cidadáns que compren coas súas obrigacións fiscais. En consecuencia, o actual alcalde e o seu equipo denuncian estas irregularidades fiscais e tomarán medidas para investigar estas irregularidades e garantir que se apliquen as sancións correspondentes.

O equipo do actual alcalde comprométese a seguir traballando polo benestar e a transparencia dos cidadáns de Vila de Cruces.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas