HomePontevedraDezaTaboada esixe á Xunta que cumpra e arranxe os Centros Educativos da...

Taboada esixe á Xunta que cumpra e arranxe os Centros Educativos da Vila

- Anuncio -spot_img

• A esixencia de Taboada chega despois de manter unha reunión coa ANPA de Piloño onde se atopou un colexio con graves deficiencias que ten que atender a Xunta de Galicia.

• Taboada fai extensible estas necesidades aos demais centros de educación, que en máis de 30 anos non recibiron ningún mantemento por parte da Xunta de Galicia.

Fai máis dun ano que Taboada e os seus compañeiros de goberno Julio e Mireya están a solicitar unha entrevista co señor Cesar Pérez para trasladarlle todas as deficiencias que veñen observando nos centros escolares de Vila de Cruces.

Pois segundo Taboada a pinga que colmou o vaso foi a deste venres pola tarde cando mantivo unha reunión coa ANPA do colexio de Piloño por mor dunhas declaracións destes, onde se mencionaban problemas co Plan Concilia e que días atrás acordouse con Mireya Otero, a cal modificara devandito Plan para adaptalo ás súas necesidades, algo que estrañou a Mireya Otero e quixo manter unha reunión para deixalo aclarado.

Nesta reunión a parte dos pais e nais dos alumnos de Piloño atopábase tamén o alcalde Taboada, que comprobou novamente que as instalacións deste centro de ensino, atópanse totalmente abandonadas pola Xunta de Galicia, e comprometeuse a resolver as partes que son responsabilidade do consistorio, como leva facendo durante que é rexedor de Vila de Cruces, pero que segundo Taboada non é suficiente, “porque o que necesita este colexio é unha reforma integral, xa que descubrimos deficiencias que nos trasladaron os pais moi preocupantes, por exemplo o ximnasio onde se filtra a auga coma se estivesen fora, con portas de chapas metálicas cortantes e sen protección para os pequenos, ou mesmo o chan dos baños dos nenos de terrazo dos que se fan as veira rúas o que fai imposible unha hixiene adecuada e onde tamén se atopan as duchas dos nenos, que continuamente teñen problemas de fungos, os azulexos non é que rompa un ou dous é que caen de 20 en 20 e as paredes están verdes da humidade que resuman, aínda que nas propias instalacións do colexio non é moito mellor, porque nos atopamos co teito do comedor estudantil que cae a anacos e calquera día pódenos dar un desgusto, e se isto fose pouco atopámonos co máis grave, se non se lle pon remedio, e é que segundo nos informan crese que encima das xanelas do colexio que aínda están sen cambiar hai anacos de uralita con amianto coas que os estudantes e docentes teñen que convivir todos os días”, Taboada cre que xa é o momento de que a Xunta atenda as súas responsabilidades e este mesmo luns enviou un comunicado ao señor Conselleiro de Educación Román Rodríguez, para que tome cartas neste asunto, unha vez que o seu Xefe Territorial en Pontevedra César Pérez non quixo atender as súas demandas e as dos seus veciños e veciñas de Vila de Cruces.

No comunicado enviado ao Consellerio faise traslado desta demanda e faio extensible aos demais centros educativos, por este motivo pide unha áxil actuación agora que por vacacións estivais os centros estarán pechados e pódense executar certas reformas.

E Taboada anima ao BNG, xa que parece que tamén está preocupado por este asusto, e que ten representación no Parlamento Galego a que realice un escrito, (que Taboada está disposto a asinar conxuntamente se o BNG solicítallo) para pedir á Xunta estas reparacións urxentes dos nosos centros educativos. E solicítallo ao BNG, porque co PP xa non conta. Que segundo Taboada “non fixeron nada en 30 anos, non cre que o vaian a facer agora”.

Publicacións Relacionadas