Taboada síntese agraviado polas acusacións vertidas de “Mafioso” pola portavoz do PSOE, e terá que enfrontarse as consecuencias das súas palabras.
O alcalde manterá unha reunión con todos os funcionarios do concello para aclarar esta situación e descubrir que filtrou tales mentiras a Dona Carmen Silva
Taboada tamén recrimina o xornal que o publicou sen constatar ni contrarrestar dita información e sen proba algunha.
Vila de cruces espertouse na mañá de onte con unha publicación que alterou os habitantes de esta vila do Deza, unha publicación dun coñecido medio de comunicación, na que a portavoz do PSOE Dona Mª Carmen Silva acusou publicamente ao alcalde Luís Taboada de ser un “Mafioso”, e de extorsionar os funcionarios do concello, e de ter un organigrama criminal, que e o que da significado a palabra antes mencionada. Luís Taboada, chamara tamén estes días o responsable do medio de comunicación que publicou dita noticia, dicindo que era un “mafioso” e pediralle que lle demostre as probas para tal afirmación, e que presenten o famoso wasap no que o alcalde extorsionaba a os funcionarios do concello. Estes agravios fan tomar cartas no asunto a Don Luís Taboada, xa que nos se pode permitir este tipo de actuacións, máis aínda se cabe por parte de un representante público, esta acusación e tan grave que Taboada solicítalle a portavoz do PSOE dona Carmen Silva, que se retracte inmediatamente do que dixo, xa que esta en perigo a honorabilidade e honra de Luís Taboada, Taboada unha vez coñecida a noticia dixo” isto é unha gran falta de respecto e por suposto unha falta clara de educación, parece mentira que unha xurista utilice a palabra “mafioso” con tanta liberdade para comparar a miña persoa coas bandas Comunicación Concello de Vila de Cruces criminais organizadas, se espera que llo permita esta moi enganada e ou rectifica e pide desculpas publicas, ou terei que tomar as medidas xudiciais oportunas”. O alcalde tamén manterá unha reunión cos funcionarios do concello para que lle expliquen que persoa foi a que lle dixo tal cousa a portavoz do Psoe, e recórdalle a Dona Carmen Silva que el é o máximo responsable do persoal do concello, e sempre os tratou con respecto e con honestidade. Recórdalle tamén a dona Carmen Silva, que o persoal do concello xa ten un delegado, sen necesidade de ningunha salvadora, que pretende con mentiras e descrédito influír nos votantes Cruceños, como di Taboada, “en vez de andar mal metendo e calumniando a xente honrada, debería de explicarlle os seus votantes as reunións clandestinas que mantén co señor Jesús Otero e a forma que teñen de aliarse para presentar documentación conxuntamente ámbolos dous partidos PSOE e PP, parece mentira que non se dea conta de que a están utilizando, sempre pensei que era unha persoa relativamente intelixente, pero estes últimos actos de dona Carmen Silva, están a demostrarme o contrario, e sinto pena da situación á que a están conducindo, xa que está rotundamente claro, que non sabe o sitio que ocupa”. O alcalde Luís Taboada, estivo recibindo chamadas e mensaxes de apoio o longo de todo o día, e agradece a confianza e o cariño que os seus veciños lle demostraron no día de onte.



