• Segundo Taboada, “esquecéronse de que en Vila de Cruces hai máis de 5.500 veciños e veciñas que tamén votaron nas anteriores eleccións á Xunta de Galicia e non os respectaron ao longo destes anos”.
Acabamos de coñecer os novos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2023 na Comarca do Deza, na que se atopa situada o concello de Vila de Cruces.
Como xa mencionaba no principio do ano o alcalde Taboada, os investimentos da Xunta de Galicia para esta Vila eran nefastas e lembra que mentres outros concellos tiñan investimentos millonarios, en Vila de Cruces os investimentos previstos foron soamente 300.000 euros para o mosteiro de San Salvador de Camanzo e 85.000 euros para unha das estradas do polígono, desatendendo todas as demais peticións realizadas, e o peor de todo é que se calculamos que os investimentos foron de 385.000 euros e son máis de 5.000 habitantes sae un investimento de 77 euros por habitante, algo ridículo para un concello con 28 parroquias e unha ampla extensión que cubrir, sobre todo cando, se nos tratasen como aos nosos veciños, teríannos que adxudicar máis de 5.000.000 de euros.
Pois este ano a Xunta superouse e outorgou a Vila de Cruces un investimento de 73.000 para compartir con Silleda e a Agolada, é dicir que tocan menos de 25.000 Euros, ou o que vén sendo menos de 5 euros por habitante, algo que roza o insulto, e Luís Taboada pregúntase “¿como pode ser posible que en pleno século XXI sigan sucedendo estas cacicadas, con premeditación e sen ningún tipo de rubor, ante unha inxustiza manifesta?, pregúntase Taboada tamén ¿se para os dirixentes da Xunta, os votos dos veciños e veciñas de Vila de Cruces non serven para nada?, e despois terán a pouca vergoña de pedir o voto nas próximas autonómicas”.
Por certo nestes momentos Taboada non ve ningún movemento, nin manifestación no PP de Cruces diante esta inxustiza, pero segundo Julio López, tenente de alcalde, “xa hai tempo que Otero no PP non curta nin ata, e este tipo de actuacións ratifícao porque está a maltratar aos seus votantes e por conseguinte a todos os demais veciños e veciñas, se non é capaz de defender aos seus votantes, menos poderá defenden a Vila de Cruces, pero que non se preocupen que Xuntos conseguiremos saír adiante e espero que a próxima vez que Otero diga que non facemos investimentos, lembre os 5 euros que nos dan os seus compañeiros de partido.”
Segundo Taboada, “esquecéronse de que en Vila de Cruces hai máis de 5.500 veciños e veciñas que tamén votaron nas anteriores eleccións á Xunta de Galicia e non os respectaron ao longo destes anos”, e espero que a próxima vez que teñamos que acudir ás urnas lembremos como nos tratan.”



