Home Pontevedra Deza Taboada solicítalle a Xunta de Galicia que arranxe a PO-960

Taboada solicítalle a Xunta de Galicia que arranxe a PO-960

- Anuncio -

• Como método de presión instaláronse, pancartas por toda a vía.

Vila de Cruces ao 9 de marzo de 2022.- Unhas das prioridades do equipo de goberno desde que chegaron e tomaron as rendas do consistorio é a PO960, unha vía moi transitada que une a Vila de Cruces con Santiago de Compostela.

Hai uns meses o tenente de alcalde Julio López participou nas reunións celebradas en Santiago de Compostela para solicitar unha rebaixa do prezo da autoestrada que une Vila de Cruces con Santiago de Compostela e con Ourense, pero como ratificaron as autoridades hai unhas semanas, o goberno central non esta por o labor de subvencionar de ningunha maneira esta autoestrada, obrigando aos cruceños e cruceñas a ter que tomar alternativas para poder realizar os seus traslados como pode ser simplemente ao hospital de Santiago de Compostela (hospital de referencia para a comarca), polos altos prezos.

Pois a alternativa é esta estrada PO-960 que a Xunta de Galicia ten abandonada hai décadas e na que en varias ocasións o alcalde Luís Taboada entrevistouse con Ethel Vázquez, Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para darlle unha solución definitiva, e que dunha vez por todas arránxese, Taboada entende que a Xunta de Galicia non ten autoridade para facer que a autoestrada de pago sexa máis económica ao ser unha responsabilidade do Goberno Central, pero tamén afirma que se ten responsabilidades nas súas estradas como é esta PO-960 na cal segundo Taboada non hai escusas para tomar a iniciativa de reparala ao ser a única alternativa que ten Vila de Cruces para trasladarse a Santiago de Compostela.

Por este motivo Taboada ten previsto solicitar unha nova entrevista con Ethel Vázquez, Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para que aclare dunha vez que ten previsto para solucionar este problema, no caso de que este organismo non achegue ningunha solución, o alcalde Luís Taboada, ten pensado comezar con mobilizacións nas cales fará participes a todos os cruceños e cruceñas.

De momento limitouse a poñer unhas pancartas nas que se pode ler “”Cansados de esperar, só nos queda actuar”” unha frase de intencións na que Taboada marca o comezo dás actuacións que se farán a partir de agora para que se solucione o problema, e unha petición que e
¡Arranxo dá estrada PO-960 xa

Relacionadas

A Deputación concede 13.000 euros do Plan de Infraestruturas Deportivas á Illa de Arousa...

0
A través deste plan distribuíronse xa máis de 1,8 millóns de euros entre 30 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes A Deputación de...

O BNG lanza unha campaña de recollida de sinaturas para solicitar a creación de...

0
A primeira mesa informativa para a recollida de sinaturas estará dispoñible o xoves, 25 de abril, a partir das 11:00 horas na rúa Almuíña O...

O BNG organiza este venres en Soutomaior un acto sobre a importancia da Atención...

0
O BNG de Soutomaior vén de anunciar que levará a cabo un acto informativo sobre a importancia da Atención Primaria este venres, 26 de...

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas