A obra de teatro “Ás para Alex” foi premiada na “25 Feira de Teatro de Castela e León, Cidade Rodrigo 2022”
O concello de Covelo convida a toda a veciñanza a desfrutar dunha tarde de teatro no auditorio municipal. A obra de teatro para toda a familia “Ás Para Alex” chega ao auditorio municipal da man de Baoba Teatro. A cita será este domingo día 23 de outubro ás 19 horas no marco do programa “Tornar ás Táboas” da Deputación de Pontevedra co obxectivo de “democratizar” a cultura con funcións teatrais.
Alex é un neno como outro calquera que goza correndo, quedando cos amigos… pero un día ten que deixalo todo porque o seu corpo non responde. Esta obra, que se oferta totalmente de balde, está recomendada a partires dos cinco anos e dura cincuenta minutos.



