Home Pontevedra Baixo Miño Tecnoloxía de vangarda para unha xestión eficiente da auga en Tomiño

Tecnoloxía de vangarda para unha xestión eficiente da auga en Tomiño

- Anuncio -

O Concello inviste 45.000 na instalación de contadores intelixentes en vivendas para reducir fugas e optimizar o consumo financiado ao 80% por Augas de Galicia e un 20% con fondos propios

Tomiño continúa firme no seu compromiso coa eficiencia e a sostibilidade no uso da auga cun obxectivo claro: rematar coas fugas. O Concello inviste case 45.000 euros para a posta en marcha dun plan de actuacións para a mellora do rendemento da rede municipal de abastecemento de auga, que xa ten unha eficacia por riba do 80%. Financiado ao 80% por Augas de Galicia e ao 20% con fondos propios do Concello, a finalidade é, como sinala a alcaldesa, Sandra González, “reducir aínda máis as fugas e facer de Tomiño un concello de referencia en eficiencia hídrica e control do consumo”.
A actuación comezou coa instalación de 258 novos contadores volumétricos en edificios de vivendas e co cambio da práctica totalidade dos contadores das bocas de rego e hidrantes, integrando tecnoloxía de telelectura en cada equipo. Estes contadores electrónicos transmiten os datos de consumo en tempo real, “ofrecendo a Concello e veciñanza a posibilidade de ter un control máis exhaustivo do seu consumo, promovendo o aforro e axudando a detectar posibles fugas ou incidencias”, recalca o concelleiro do Ciclo da Auga e Eficiencia Enerxética, Lois Vázquez.
Estes novos dispositivos contan cun sistema de comunicación integrada que envía os datos directamente ao centro de control, garantindo así un seguimento preciso e a detección inmediata de anomalías. Os veciños e veciñas que teñan instalados estes contadores intelixentes estarán exentos do pagamento pola lectura e disporán dunha aplicación móbil para consultar de forma instantánea os seus consumos, recibir notificacións e avisos sobre posibles problemas e incidencias.
Con esta nova actuación, Tomiño dá un paso máis cara a un uso responsable dos seus recursos hídricos e camiña no seu obxectivo “de ser referentes no eido da eficiencia e control do consumo da auga, apostando sempre por mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza”.
O Concello reitera o seu compromiso co benestar de tomiñeses e tomiñesas e seguirá traballando para mellorar de forma continua a rede de abastecemento de auga. Estas actuacións forman parte da estratexia municipal para garantir un servizo eficiente e de calidade, responsando ás necesidades da veciñanza e asegurando unha infraestrutura sostible para o futuro.

Relacionadas

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

Rafa Domínguez participa na reunión do Comité Organizador do Tríatlon Multideporte 2025

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este mércores na reunión do Comité Organizador do Campionato do Mundo de Tríatlon Multideporte que...

Luisa Sánchez participa en Vigo na presentación do Gastro Movida Summit 2024

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe na presentación da terceira edición do Gastro Movida Summit, unha cita que reunirá en Vigo entre o...

A Xunta de Goberno Local do Concello de Salvaterra de Miño aproba a solicitude...

0
O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar a solicitude que presentará á convocatoria do Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra da Deputación...

Publicacións Relacionadas