Home Pontevedra Poio Todo listo para que Poio volva gozar do Entroido de referencia da...

Todo listo para que Poio volva gozar do Entroido de referencia da bisbarra de Pontevedra

- Anuncio -

• O alcalde, Luciano Sobral, a concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez (BNG), e representantes das asociacións colaboradoras dan a coñecer os detalles dunha extensa programación, que comezará co Desfile do día 19 de febreiro e finalizará co Enterro do Galo Bruxo o 18 de marzo

• Obradoiros, festas infantís, iniciativas en clave gastronómica e os tradicionais enterros forman parte do programa, a través do cal se espera animar á veciñanza “a que haxa unha gran participación”

O Entroido de Poio volve este mes de febreiro por todo o alto “para ser unha vez máis unha das citas de referencia na bisbarra dentro destas emblemáticas celebracións e contar cunha gran participación”. Así o aseguraron este xoves o alcalde, Luciano Sobral, e a concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez (BNG), durante o acto de presentación do programa, no que estiveron acompañados pola edil nacionalista Marga Caldas e representantes dos colectivos que, tal e como recoñeceu a propia Rodríguez Alonso, “coa súa implicación, esforzo e traballo fan posible que o noso Entroido conte cun dos calendarios máis amplos e variados de toda a provincia de Pontevedra”.

Será o 19 de febreiro cando se dea o pistoletazo de saída á festa, co Desfile de Entroido. “Sen dúbida é unha edición moi especial, por recuperar a normalidade tras as suspensións e restricións de 2021 e 2022, por mor da pandemia, e tamén porque retomamos o percorrido tradicional da comitiva”, explicou a titular de Cultura. Así, tal e como xa se tiña anunciado, a saída dos e das participantes será ás 17.00 horas desde a Praza da Granxa de Campelo, con chegada á Seca. Será alí onde se faga a entrega de premios aos gañadores e gañadoras de todas as categorías (adulto e infantil) e subcategorías (individual, parellas e grupo, ademais dos premios especiais para choqueiro e animación), en función das puntuacións que outorguen os e as integrantes do xurado. Neste sentido, Raquel Rodríguez recordou que nesta edición as contías dos premios increméntanse en máis do 40%, ata realizar un reparto de máis de 6.000 euros en total. A entrega dos galardóns estará amenizada polo Grupo Fussion. A edil nacionalista lembrou, asemade, que o prazo de inscrición para o concurso ficará aberto desde o vindeiro luns, 6 de febreiro, ata o mércores 15. Se ben tanto os individuais como as parellas terán opción de anotarse ‘in situ’ en Campelo o día do desfile, entre as 15.30 e as 16.00 horas, a anotación previa é indispensable para os grupos. “Despois de dous anos sen Entroido estamos convencidos de que a veciñanza responderá e contaremos cunha gran participación”, augurou.

Este ano, a programación tamén inclúe actividades específicas para as crianza. Así, o luns 20 haberá un obradoiro infantil na sede da Comunidade de Montes Rega dos Agros, desde as 16.30 horas, organizado polo Ateneo Corredoira, que tamén ofrecerá unha festa de disfraces para cativos e cativas o martes 21, ás 17.30, no mesmo emprazamento. O sábado 25, será a Asociación de Veciños de Campelo a que ofreza unha festa para nenos e nenas no seu local social, desde as 17.00 horas. Ese mesmo día, a partires das 20.00 horas, no mesmo emprazamento terá lugar unha das novidades da programación, como é o Entroido na Veciñanza, organizado pola Asociación de Mulleres Arela, mentres que o venres 3 de haberá unha sesión infantil de Entroido, amenizada con música, en Lourido, desde as 18.00 horas, como preludio ao Enterro do Berberecho.

Os enterros, un clásico do Entroido poiense

Se hai algo que caracteriza e distingue ao Entroido de Poio son os enterros, organizados e impulsados desde hai moitos anos polo tecido asociativo, en colaboración co Concello.
A primeira destas pintorescas despedidas será o Mércores de Cinza, 22 de febreiro, co Enterro do Mexillón do Ateneo Corredoira. A saída do cortexo fúnebre sairá do porto da Canteira e chegará ata a Praza da Chousa, para a súa posterior incineración. O cadáver do mexillón contará cun acompañamento musical a cargo de grupos como Os Caneos, As Sonecas, Os 100tolos e a Batucada Os Queimatasas.

Xa en marzo, o venres 3, chegará o momento de despedir ao Berberecho de Lourido, grazas á Asociación de Veciños. Ademais de contar tamén con grupos como os anteriormente citados, a organización repartirá premios para os mellores disfraces, así como chocolate quente e churros entre as e os asistentes. Un día máis tarde, o sábado 4, dirá adeus o galo Fodorico Agusto Bastante, da Asociación Ronsel, un dos grandes símbolos do Entroido, con saída do cortexo fúnebre desde O Sartal ata a Praza do Mosteiro. Alí terá lugar tamén a Festa Choqueira (21.30 horas), na que Ronsel ofrecerá caldo popular e haberá unha actuación do Dúo Prisma. O Enterro do Galo Bruxo de Samieira, organizado pola SCD Samieira, porá o broche de ouro á programación o sábado 18 de marzo na Praza Alfredo Romay. Todos os sepelios darán comezo ás 20.30 horas.

“Percibimos a través da veciñanza e do tecido social de Poio que xa hai moitas gañas de volver a gozar do noso Entroido por todo o alto e confiamos en que esta programación faga que os disfraces, as máscaras e a diversión sexan protagonistas durante todo un mes”, finalizou Raquel Rodríguez. Tanto a concelleira como o alcalde Sobral tamén quixeron poñer en valor o traballo de difusión e as ideas achegadas polas asociacións colaboradoras durante a pandemia, para impulsar iniciativas alternativas que “mantivesen vivo o espírito desta celebración tan especial”. Ese espírito xa se respira desde este xoves, coa exposición de imaxes doutras edicións do Entroido que se pode atopar en diferentes locais municipais, como a Casa Consistorial, a Casa Rosada, o Local Social de Campelo ou o Centro Cultural Xaime Illa de Raxó.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas