Chega a época estival e a ludoteca municipal xa ten lista a súa programación de actividades para un verán de lecer lúdico, divertido e educativo. Os meses de xullo e agosto a ludoteca abrirá de novo as súas portas a cativos de 6 a 12 anos, que poderán gozar dun verán de aventuras por grupos de idade.
As persoas interesadas xa poden formalizar a inscrición de nenos e nenas elixindo unha quincenas, quincenas separadas, un mes completo ou todo o verán. Cada grupo de idade terá asignado un día da semana, aínda que os rapaces e rapazas que queiran poderán inscribirse dúas mañás, a segunda delas no grupo de ratio de idade máis acaído. Así, os cativos e cativas de 6 e 7 anos irán os martes, de 8 e 9 os xoves, de 9 e 10 anos os luns e de 11 e 12 os mércores.
A taxa participante e quincena é de 14,64€ por unha mañá completa ou de 29,28 en caso de acudir dúas. O horario será de 10.00 a 14.00 horas, realizando a primeira hora aquelas actividades de exterior programadas e o resto no interior para evitar as horas de máxima calor.