Home Pontevedra Baixo Miño Tomiño dá pulo ao comercio local de Goián coa mellora da accesibilidade...

Tomiño dá pulo ao comercio local de Goián coa mellora da accesibilidade e a creación de novos microespazos

- Anuncio -

O Concello continúa revitalizando o comercio local coa colocación de ramplas nos soportais da praza Pintor Antonio Fernández e a creación de espazos de lecer que atraian a un maior público

As obras forman parte das accións previstas ao abeiro do proxecto Atenda, financiado con 1,7 millóns de euros de fondos europeos

Tomiño continúa coa súa labor de mellora dos espazos públicos e o apoio e promoción do comercio inicial. O Concello está a levar a cabo traballos de mellora da accesibilidade e da imaxe dos soportais da praza Pintor Antonio Fernández de Goián, unhas obras que suporán un investimento de case 120.000 euros financiados ao abeiro das diferentes accións recollidas en Atenda, un proxecto financiado con case 1,7 millóns de euros de fondos europeos NextGenerationEu e que obtiveron poucos concellos en toda Galicia para dar pulo ao comercio local.

“Estas obras son un paso máis na aposta estratéxica do Goberno municipal polo comercio de Tomiño, un camiño para o que captamos fondos europeos que nos permiten levar adiante actuacións integrais en eidos tan diversos como a modernización, a dixitalización ou a adecuación do comercio local. Coas obras que estamos a levar a cabo en Goián non só melloramos a accesibilidade e a imaxe dos espazos comerciais, senón que estamos a investir no benestar e na calidade de vida de veciños e veciñas. E seguiremos traballando para facer de Tomiño un concello máis inclusivo, sostible e habitable para todos e todas”, destaca a alcaldesa, Sandra González.

Esta intervención continúa as actuacións estratéxicas realizadas polo Concello dende 2015 para favorecer a mobilidade peonil inclusiva nas principais rúas comerciais do núcleo urbano de Goián. Tras a peonalización da contorna, con este novo proxecto as galerías comerciais situadas á altura dos edificios número 24, 26 e 28 da Avenida Ordóñez, integrarase de xeito total no espazo público de preferencia peonil de Goián coa implementación de dúas ramplas de acceso á entreplanta e ao semisoto, a un metro de cota sobre a rúa aproximadamente. Unha integración estética e física coa que se resolverá a accesibilidade nas galerías, con varios locais comerciais; garantirase que todos os veciños e veciñas que viven nesas vivendas poidan gozar dos servizos da zona, e crearase unha pequena plataforma para eventos.

O proxecto complementarase coa mellora da iluminación nos soportais e coa creación de microespazos que permitirá seguir recuperando espazo público para as persoas, colocando diferente mobiliario urbano como bancos e xardineiras cos que xerar zonas de reunión e encontro que permitan mellorar e potenciar a contorna, servindo como atractivo para as persoas e contribuíndo a dotar de máis e mellores oportunidades ao comercio local.

Relacionadas

Mos constitúe a Comisión de Seguemento que coordinará a loita contra a nova A52

0
Esta mañá celebrouse a primeira sesión e o vindeiro 21 de xaneiro celebrarase a próxima xuntanza á que xa se levará o informe técnico...

Os días 1 e 2 de febreiro, o concello de Soutomaior, celebrará a XXIII...

0
• O mércores, 15 de febreiro, ábrese o prazo de inscrición para participar neste XXIII edición deste Certame da Camelia un prazo que estará...

Pontón destaca como conclusión da comisión de investigación que o sobrecusto do Álvaro Cunqueiro...

0
“Pagamos 470 M€ máis simplemente porque o Partido Popular quixo favorecer a grandes construtoras coas que ten claros vínculos”, reproba Recortaron en camas, quirófanos e...

O Concello de Oia abre o prazo de inscrición para unha nova edición do...

0
O Concello de Oia abre o prazo de inscrición para unha nova edición dos obradoiros de teatro veciñal infantil e para persoas adultas. Ao...

A Biblioteca Xela Arias celebra unha xornada de divulgación científica para a rapazada con...

0
A cita será o xoves 23 de xaneiro, ás 18:30, cunha charla dirixida á rapazada de 8 a 12 anos de idade. A científica...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Valga para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou a oficina móbil, que percorrerá todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para divulgar os...

Publicacións Relacionadas