Home Pontevedra Baixo Miño Tomiño, distinguido con catro flores de honra no certame ‘Vilas en flor’

Tomiño, distinguido con catro flores de honra no certame ‘Vilas en flor’

- Anuncio -

É, xunto a Chantada e Allariz, un dos únicos concellos en obter o maior distintivo


As intervencións nas rotondas ao abeiro do Cultivando Paisaxes e a aposta por novos espazos verdes foron as claves

Día histórico para Tomiño. O xurado do ‘Vilas en Flor’ outorgou ao concello tomiñés catro flores de honra, a máxima distinción deste certame que busca poñer en valor o deseño, xestión e mantemento dos espazos verdes urbanos. Tomiño é, xunto a Chantada e Allariz, un dos tres únicos municipios en obter o maior distintivo.

O xurado, que visitou a localidade para avaliar distintos aspectos, destacou especialmente as intervencións artísticas realizadas nas rotondas a través do proxecto Cultivando Paisaxes, unha iniciativa posta en marcha grazas á colaboración da paisaxista Sinda Linda e dos viveiros da comarca coa Fundación Xabier Pousa que permitiu converter as cinco rotondas da Avenida do Baixo Miño nun escaparate da actividade do viveirismo, principal motor económico da vila. Durante a resolución, o xurado quixo tamén resaltar “a mellora constante do Concello e o esforzo feito para sacar adiante todas estas iniciativas innovadoras”.

“Para nós é un orgullo ver que da froitos todo o traballo feito ata o de agora para recuperar espazos e dar vida ás rúas do noso municipio. Fainos moitísima ilusión conseguir este recoñecemento, que é un eixo máis na visibilización do labor que desenvolve un dos sectores máis importantes para a nosa comarca, como é o viveirista”, sinalou a alcaldesa, Sandra González.

Este é o cuarto ano que Tomiño participa no certame ‘Vilas en Flor’, organizado pola Fundación Juana de Vega, a Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) co obxectivo de recoñecer a riqueza natural e paisaxística dos concellos participantes e a mellora estética e funcional do territorio poñendo en valor aquelas actuacións medioambientais enriquecidas con obras de paisaxismo, axardinamento, ornamentación floral, mobiliario urbano e espazos lúdicos.

As Flores de Honra, que abranguen cinco niveis, concédense aos municipios participantes segundo criterio dun xurado especializado formado por expertos de recoñecido prestixio no ámbito do paisaxismo. O programa recoñece tanto a traxectoria como as accións levadas a cabo polos concellos galegos para mellorar e resaltar os espazos verdes urbanos, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.

Relacionadas

Luis López afirma que as axudas de ata 5.000 euros do programa +Xuventude serán...

0
O dirixente provincial coñeceu o proxecto Uvigo-SpaceLab, que impulsan estudantes da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións e que conta co recoñecemento internacional O presidente da...

Covelo vístese de verde para visibilizar as enfermidades raras

0
Na noite do 28 para o 29 de febreiro a fachada do edificio do Concello iluminouse de verde para visibilizar este tipo de doenzas Con...

O obradoiro “Tecendo feminismo” abre este sábado a programación do 8M en Tui

0
Terá lugar este sábado a partir das 10.30 h na edificio da praza da Inmaculada Tui abre a programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da...

Os colectivos redondeláns tecen redes pola igualdade

0
O Concello de Redondela conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha serie de actividades nas que se está a implicar toda...

Unha visita polos lugares da memoria de Rosendo Salvado pechan as xornadas con motivo...

0
Sairá mañá ás 17.30 h da praza de San Fernando para rematar ás 19 h na casa natal do bispo tudense Mañá venres, 1 de...

Abre o prazo de inscrición dos primeiros cursosdo Plan de Formación 2024 Concello de...

0
O Concello de Covelo da un paso máis na calidade dos contidos dos cursos e incluirá un módulo de igualdade en cada un deles A...

Publicacións Relacionadas