Home Pontevedra Baixo Miño Tomiño progresa con éxito no seu Plan de Acción para o Clima...

Tomiño progresa con éxito no seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible

- Anuncio -

O Concello fai un balance moi positivo das accións de mitigación postas en marcha nos dous últimos anos, coas que se acadaron unha redución do 15% nas emisións de CO2

O Concello de Tomiño no seu compromiso coa sostibilidade e a mellora ambiental puxo en marcha en 2020 o seu Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), unha ferramenta coa que se marcaba catro ambiciosos obxectivos para preparar á vila ante os retos que esixe actualmente o cambio climático: reducir polo menos nun 40% as emisións de CO2 no municipio ata o ano 2030, minimizando o consumo de enerxía no concello e incrementando o nivel de implantación de renovables; incrementar a capacidade de resiliencia do Concello mediante a adaptación ao cambio climático; elaborar un inventario de emisións de referencia e avaliar os riscos e vulnerabilidades derivados do cambio climático. Agora, despois de dous anos de traballo, o informe de seguimento realizado polo Concello revela o bo camiño que se está a seguir.

“Dende o Goberno municipal traballamos día a día para converter Tomiño nun municipio cada día máis verde e sostible. E para acadalo mantemos un firme compromiso con todos os obxectivos marcados, como conseguir unha redución do 40% das emisións de CO2 a atmosfera ata 2030 fomentando a eficiencia enerxética e o emprego de uso de fontes de enerxía renovables”, explica a concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro.

Así, neste campo, durante o ano 2021 rexistrouse un consumo de case 215.000 MW/h e unha emisión de máis de 53.000 toneladas de CO2 equivalentes en todo o municipio. Unha cifra moi alentadora que reflicte unha redución de case o 15% das emisións ao comparar cos datos rexistrados no ano de referencia, o 2018, no que se emitiron case 61.000 toneladas de CO2. Por sectores, a maior porcentaxe de redución obtívose no alumeado público, xa que as accións de mellora da eficiencia enerxética levadas a cabo polo Concello, como a renovación do alumeado público, permitiu unha redución do 41,8% nas emisións. Outras, como a mellora de envolventes e da iluminación en edificios públicos ou a implantación de instalacións de enerxía renovable conseguiron unha redución do 38,3% nas emisións dos edificios e instalacións municipais. Nos edificios residenciais detectouse unha diminución do 20,6% nas emisións de CO2.

Para continuar neste camiño, o Concello conseguiu a través dos fondos Next Generation un investimento de case un millón de euros para renovación do alumeado público, que permitirá alcanzar un aforro enerxético do 61% e unha redución nas emisións de CO2 de case 193 toneladas. O Goberno municipal quere dar un paso máis alá, polo que xa está a traballar nun novo proxecto que permitirá captar novos fondos europeos para chegar a renovar ata o 90% da rede de alumeado.

Medidas adoptadas

O PACES de Tomiño arrancaba con 27 medidas a implementar, das que máis do 80% están xa en marcha e catro delas finalizadas: a definición dunha estrutura organizativa e competencial, a auditoría e xestión das instalacións de iluminación pública, a elaboración de plans de mobilidade urbana sostible e a posta en marcha de incentivos fiscais no IVTM para vehículos eficientes e non contaminantes.

Ademais de accións de mitigación relacionadas coa limitación das emisións, tamén se puxeron en marcha accións enfocadas á adaptación baseándose na redución da vulnerabilidade aos efectos do cambio climático. Neste sentido, como punto de partida o Concello analizou os principais perigos aos que Tomiño está exposto para definir as accións encamiñadas a reducir as súas consecuencias, marcando unha folla de ruta de adaptación e mitigación enfocada ao medio rural, ao medio urbano e á sociedade xeral. Ademais, tamén se estableceron medidas para loitar contra a pobreza enerxética destinadas á veciñanza.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas