test
Home Pontevedra Baixo Miño Tomiño réndese con grande éxito ao seu primeiro Festival de Maxia

Tomiño réndese con grande éxito ao seu primeiro Festival de Maxia

- Anuncio -

Máis de 700 persoas desfrutaron do amplo programa de actividades deste evento que encheu de ilusionismo prazas, rúas e parroquias

Ilusionismo sen trampa nen cartón para conquistar a tomiñeses e tomiñesas. O I Festival de Maxia de Tomiño baixa o pano cun grande éxito de acollida, cinco días no que a arte da prestidixitación percorreu rúas, prazas e parroquias da man de reputados magos de recoñecemento nacional e internacional. Organizado pola Asociación de Maxia do Baixo Miño en colaboración co Concello, o festival reuniu a máis de 700 persoas que desfrutaron ao longo de varios días dunha ampla programación en diferentes puntos do municipio.

Así, máis de 30 nenos e nenas participaron no obradoiro deseñado para que a rapazada creara o seu primeiro maletín de maxia para poder mergullarse no mundo do ilusionismo coas súas propias ferramentas e máis de 200 espectadores e espectadoras achegáronse ao auditorio municipal de Goián para desfrutar dunha gala única e inesquecible.

Grande éxito tamén dos espectáculos nas rúas do concello, que se converteron en escenarios perfectos para reunir a case un cento de persoas para gozar de distintos tipos de maxia, tanto na Praza Pintor Antonio Fernández de Goián como na Praza do Seixo e na Praza da Mina.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, subliñou a importancia de acoller eventos innovadores como o Festival de maxia, especialmente cando son impulsados por tomiñeses e tomiñesas. “Este festival non só ofrece entretemento e diversión, senón que tamén promoveu a cultura e reforzou o orgullo de ver a talentos locais recoñecidos internacionalmente como Samuel Moreno brillar na casa. Para o Concello é un orgullo apoiar iniciativas que enriquecen Tomiño e traer novos espectáculos que enchan de cultura e lecer o noso municipio”, recalcou.

Relacionadas

A Deputación desenvolve o proxecto “Dixitalízate” co que forma en competencias dixitais a preto...

0
As deputadas Belén Cachafeiro, Nava Castro e Isabel Couselo acompañaron hoxe ao alumnado nas formacións presenciais que se desenvolven nos concellos participantes neste “hub”...

Máis de trescentas cativas e cativos participan nos campamentos de verán do concello de...

0
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o concelleiro de Ensino, Ricardo González, visitaron hoxe ao alumnado do campamento de verán que durante esta...

Festín de humor e circo para toda a familia con Dani Blanco e ‘La...

0
Urdime chega a Tomiño con este espectáculo de circo, clown, música e malabares este xoves 4 ás 19.00 h na Praza da Mina Tomiño prepárase...

A pianista Judith Jáuregui chega este sábado ao concerto do Ciclo de Música...

0
Judith Jáuregui convértese nunha das pianistas españolas con máis proxección da súa xeración O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera, Covelo, convida ao...

Xosé Merelles salienta a consolidación do festival Portamérica como atractivo turístico de Pontevedra

0
O director de Turismo de Galicia participa xunto o delegado da Xunta en Pontevedra na presentación do festival que arranca este xoves no concello...

O Concello amplía a rede de abastecemento de auga no lugar da Louriña

0
• A obra foi levada a cabo por operarios do departamento de Servizos  Municipais e consistiu na dotación dunha canalización de 380  metros e...

Publicacións Relacionadas