Torneo fútbol sete “Champions Lama Mixto 2024” carta edición.

adminON
Lectura mínima de 1

O torneo celébrase nos arredores da praia fluvial do Abelán en Fornelos da Ribeira en Salvaterra de Miño o sábado 27 de xullo 

O Club Deportivo Veteranos Progresista de Fornelos da Ribeira, Salvaterra de Miño organiza en colaboración co concello e patrocinadores a carta edición do torneo de fútbol sete “Champions Lama Mixto 2024” durante todo o día do sábado 27 de xullo a partir das 10 da mañá. 

No torneo participarán 12 equipos de maiores e 4 equipos de crianzas, cada equipo ten que contar como mínimo con 3 mulleres e no terreo de xogo sempre ten que haber dúas mulleres. Para o terreo de xogo utilízase unha finca enlamada onde os participantes teñen que empregarse a fondo para mover o balón. 

A organización ten habilitado no entorno do campo un amplo aparcadoiro de balde e ademais os visitantes poden gozar da cantina que monta a organización e da praia fluvial da zona. 

O venres 26 pola noite xa haberá churrascada e concertos a cargo de varios grupos. Achégase cartel da carta edición e fotos da terceira edición.

Comparte este artigo