HomePontevedraO SalnésTotal paridade, experiencia e mocidade conforman a base da candidatura do BNG...

Total paridade, experiencia e mocidade conforman a base da candidatura do BNG en Vilagarcía nas Eleccións Municipais

- Anuncio -spot_img

Nos dez primeiros lugares da lista electoral, un 40 % son candidatos xoves que comparten esta primeira experiencia có coñecemento de veteranos xestores da política municipal

O BNG presenta unha candidatura electoral comprometida coa paridade de xénero, a mocidade e a experiencia. Estas tres características son esenciais para construír unha Vilagarcía máis xusta, inclusiva e avanzada. Para que as mulleres teñan as mesmas oportunidades en todos os ámbitos da vida pública e privada. Para que a mocidade sexa protagonista da mellora que necesita o noso concello. E poñemos a experiencia de varios candidatos como aval da súa colectiva capacidade, honestidade e responsabilidade.

XABIER RODRÍGUEZ PAZ, é responsábel local do BNG en Vilagarcía e forma parte do Consello

Comarcal no Salnés. Licenciado en Xeografía e Historia, é profesor de ensino secundario no IES Armando Cotarelo Valledor. Activo sindicalista, foi Secretario Local de CIG-Ensino e actualmente representa ao profesorado do ensino público de Pontevedra como Secretario da Xunta de Persoal Docente. Na CIG-Ensino, É relator na Semana da Educación de Pontevedra. Teimoso activista nas causas da lingua e cultura galegas vén desenvolvendo empuxe nos colectivos Queremos Galego e Vía Galega aos que suma a súa preocupación pola preservación e posta en valor do patrimonio histórico vilagarciá ameazado.

ROSA ABUÍN RODRÍGUEZ, sindicalista da CIG, con longa traxectoria asumindo retos de negociacións e xestión de conflitos laborais que deixaron nela unha indiscutíbel forxa de servizo á comunidade de persoas traballadoras, especialmente coas mulleres da conserva. Membro da corporación municipal e da Xunta de Goberno local en Vilagarcía (2007-2011), xestionou a Concellería de Promoción Económica, Innovación e Turismo, na que “malia todas as dificultades fixemos un bo traballo, como demostra que moitas iniciativas impulsadas polo BNG se continuasen ata hoxe, como a reforma da praza, o sistema de alugueiro de bicicletas, o programa As nove na praia, a Feira das Tapas ou a relación co comercio e a hostalaría local”.

XOSÉ MANUEL OUBIÑA RODRÍGUEZ, Participa no colectivo xuvenil Galiza Nova. É adestrador de fútbol base e xoga federado no SD Chispa. Técnico superior en xestión do medio ambiente natural forma parte das brigadas contra incendios da comarca. Apegado ao ecoloxismo.

MARÍA EULALIA GONZÁLEZ MARTÍNEZ, Graduada en Lingua e Literatura Galegas, é técnica superior en “Asistencia á dirección”. Traballa con distintas produtoras na edición de libros.
É parte activa no Consello Local do BNG, así como do Consello Local da Muller de Vilagarcía.

XOSÉ CASTRO RATÓN, Licenciado en Políticas e Socioloxía (UNED). Foi xestor bancario.
Portavoz do BNG no Concello (1999-2012), formou parte do Goberno Local (2007-2011) na Tenencia de Alcaldía única, compartida coa Concellaría de Cultura, e representante na
Mancomunidade do Salnés, Autoridade Portuaria, Eixo Atlántico e outras. Colabora periodicamente na prensa escrita ou radio e ten publicado libros. Activista, está vinculado a fundacións, asociacións e colectivos de finalidade cultural, social ou memoria democrática.

ROCÍO MÉNDEZ CASTRO, Graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela é a responsábel da organización xuvenil Galiza Nova na comarca de O Salnés. Profesionalmente desenvolve o seu traballo nunha empresa referente do sector alimentario.

ANXO LÚA AREAS, Presidente da Asociación de Veciños de Sobradelo. Forma parte activa da Confederación Intersindical Galega; é Responsable da Federación de Industria da Comarca de Pontevedra. Membro do Consello Confederal da CIG. Participa no Consello Local do BNG.

HORTENSIA RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ, Licenciada en Económicas e Empresariais. É responsable da xestión dunha sociedade de alugueres. Técnica de formación para o emprego, suma traxectoria profesional no departamento de márketing dunha empresa editorial. Foi secretaria da ANPA do CEIP A Lomba e forma parte dos Consellos local e comarcal do BNG.

RICARDO NÚÑEZ CORES, Vencellado ao ámbito deportivo, é colaborador dos torneos AF7 e Vilagarcía Basket Cup. Foi atleta veterano e directivo da Agrupación Atlética MAZI, delegado de equipos no Arousa S.C. e dez anos representante do BNG na Fundación de Deportes.

LOAIRA SÁNCHEZ LÁZARE, Profesora de ensino secundario, no que busca ampliar docencia coa especialización en igualdade e mediación de conflitos. Está titulada en Filoloxía Hispánica con mínor en Teoría e Crítica Literaria. Dedícase tamén ás artes escénicas, no teatro coa compañía Faísca e na danza pola que vén de participar na final dos premios Xuventude Crea.

Publicacións Relacionadas