HomePontevedraO CondadoTouriñan será o encargado de ler o pregón nas Festas de Ponteareas

Touriñan será o encargado de ler o pregón nas Festas de Ponteareas

- Anuncio -spot_img
  • As festas dos remedios darán inicio o día 8 ás 21:00h co pregón
  • A XV Feira Tradicional dos Remedios contará con postos de artesanía, oferta gastronómica, desfiles, actuacións musicais e obradoiros infantís
  • Anímase a todos os asistentes a acudir vestidos de época
  • O Concello de Ponteareas da o pistoletazo de saída ás festas dos Remedios coa lectura do pregón por parte de Xose Antonio Touriñán, o cómico galego coñecido como “Touri”.
  • Este ano celébrase a XV Feira Tradicional dos Remedios, que durante toda a fin de semana converterá a Ponteareas na vila que foi no pasado. Contará co mercadiño tradicional, con postos de artesanía e gastronómicos. Tamén se poderá desfrutar de obradoiros infantís, actuacións musicais da man das Bandas de Música do municipio ou a tradicional tirada de fogos.
    Anímase a cidadanía a acudir vestidos da época e desfrutar desta feira tradicional na que a protagonista é a historia e o pasado da vila.
  • O programa das festas pode consultarse na páxina web do Concello.

Publicacións Relacionadas