HomePontevedra Trasmañó festexa o seu patrón San Vicente con tres días de celebración...

 Trasmañó festexa o seu patrón San Vicente con tres días de celebración e a XV Festa do Cocido

- Anuncio -spot_img

A parroquia de Trasmañó celebra esta semana a festa patronal, gastronómica e cultural do seu patrón San Vicente. A alcaldesa, Digna Rivas, a concelleira de Cultura, Rita Táboas, e o concelleiro de Educación, Alberto Álvarez, presentaron o evento xunto a Juan González, Fran Gómez, Sabino Domínguez e Benito González, da comisión de festas. Serán os días 22, 24 e 25 e contarán cunha gran carpa climatizada. Haberá actuacións musicais, baile, verbenas, xogos populares e unha gran festa do cocido que alcanza a súa 15ª edición.

A primeira xornada de festas será 22 de xaneiro. A primeira hora haberá unha salva de bombas anunciando o día do patrón, San Vicente. O sábado día 25 celebrarase desde as 10:00 horas a VII Concentración de Vehículos Clásicos. Desde a organización explican que este ano esperan que participen máis de 100 coches clásicos de toda Galicia e norte de Portugal. Os vehículos farán un percorrido pola parroquia e participarán nun sorteo de agasallos. Ao longo da mañá tamén haberá un espazo gastronómico con pulpeira e racións de callos. Xa pola tarde haberá unha misa (17:00 horas), cucañas e xogos populares (17:30 horas). Pola noite continuará a festa cunha gran verbena amenizada polo grupo Los Player eo Trío Tic Tac , comezarán ás 22:00 horas. Pasada a medianoite haberá fogos artificiais. (00,15h)

XIV Festa do Cocido de Trasmañó

O último día de festa nesta parroquia de Redondela será o domingo 25 de xaneiro. O prato forte deste día é a 15ª edición da Festa Gastronómica do Cocido de Trasmañó. O xantar comezará ás 14:00 horas. Antes haberá unha misa en honra a San Blas (13:00 horas) e unha sesión vermú. Na sobremesa  haberá sorteos e xogos con premios. Ao remate haberá unha sesión musical con baile. Desde a comisión de festas recomendan aos interesados reserva xa os seus vales, porque o aforo é limitado. A alcaldesa, Digna Rivas, anima a toda a veciñanza a participar desta festa tradicional “e gozar da gastronomía tan nosa e típica deste tempo”.

Os vales para reservar o cocido poden mercarse nos teléfonos 663 176 951 e 670 884 419  na cafetería Rodeo ou na cafetería Puerto Vieira  ambas en Rande.

Publicacións Relacionadas