Home Pontevedra Baixo Miño Tui acolle até o 29 de xaneiro a exposición “O Camiño Portugués....

Tui acolle até o 29 de xaneiro a exposición “O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra”

- Anuncio -

Recolle imaxes e textos realizados por fotógrafos e escritores partindo de Porto e rematando en Tui

A Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez acolle até o 29 de xaneiro a exposición “O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra”, que chega a Tui da man da Consellería da Cultura e da Cidade da Cultura coa colaboración do Concello de Tui.
Esta mañá o acto inaugural contou coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo; da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez e da comisaria da exposición Lucía Laín. Contouse tamén coa presenza do bispo da diocese, Luís Quinteiro, do xefe territorial de Cultura, César Pérez, e da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, entre outras autoridades.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu á Consellería de Cultura que Tui se converta no terceiro lugar onde se exhibe esta exposición despois de Santiago e de Vigo. Aludiu o alcalde ao papel que a cidade xoga nas relacións tranfronteiriza e tamén a importancia do Camiño Portugués. Así Enrique Cabaleiro afirmou que “todo emana de Tui, Tui xogou, xoga e non teño a máis mínima dúbida de que seguirá xogando un papel clave e estratéxico no que son as relacións transfronteirizas entre Galicia e Portugal, e de forma máis específica entre o sur de Galicia e Portugal.” Engadía que “o Camiño Portugués é un dos principais sinais de identidade, non so dende o punto de vista cuantitativo, xa que está crecendo cada ano máis en número de peregrinos, senón tamén dende o punto de vista cualitativo, o valor patrimonial, etnográfico, cultura e histórico desta ruta xacobea, convertida nunha das principais rutas xacobeas do mundo pois é incalculable”. O alcalde Tui afirmou que “todos temos o privilexio de formar parte deste trazado e todos temos a responsabilidade de ser permeables a todas aquelas actuacións que en aras de promoción deste camiño e de tamén de recoñecemento do valor histórico do mesmo se leven a cabo no noso concello”.
Pola súa banda o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, agradeceu ao Concello de Tui o interese amosado nesta exposición dende o primeiro día. Destacou que esta mostra fotográfica “ten parte de histórica e parte de contemporánea” xa que presenta 71 fotografías dos séculos XIX, XX e XXI, nas que se reflicten ás realidades, paisaxes e patrimonio da ruta xacobea que une as cidades do Porto e Santiago de Compostela.
Amais Anxo Lorenzo salientou que Tui e as terras do Baixo Miño “teñen un protagonismo especial nesta exposición”, destacando que a Tui de O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra forma parte dos obxectivos do II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura, a través do que o Goberno galego se propón levar a programación do Gaiás a centros culturais de toda a Comunidade. Lembrou que, a mostra foi xa visitada por máis de 32.000 persoas durante a súa estancia no Museo Centro Gaiás e no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, onde recalou a primeira das súas itinerancias.
Pola súa banda, a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, quixo tamén poñer en valor o traballo da comisaria da mostra, Lucía Laín, “que fía un magnífico relato a través da ollada de grandes figuras da arte fotográfica das dúas beiras do Miño, e nun delicado equilibrio entre imaxes históricas e contemporáneas, e entre fotógrafos consagrados e emerxentes, de procedencias diversas, pero cun denominador común: ter transitado polos sendeiros desta ruta histórica de gran valor natural, cultural e paisaxístico”.
A comisaria da mostra, Lucía Laín, destacou coma a exposición propón “unha viaxe ao longo do tempo con 150 anos de fotografías”. Así recolle imaxes de Pacheco, José R. Seco, José Moreira ou do fotógrafo alemán Otto Wunderlich, pero tamén de José Gouveia Gomes Junior, Roberto de la Torre, Carmenchu Alemán, Antón Buciños, José Suárez ou Modesto Martínez. Imaxes que se conxungan con textos coma de Pérez Galdós e que demostran, dicía, “coma Tui é fonte de inspiración para escritores e fotógrafos”. A propia Lucía Laín fixo ao remate do acto inaugural unha visita guiada pola mostra.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas