Home Pontevedra Baixo Miño Tui acollerá a celebración do II Congreso FEMUPO

Tui acollerá a celebración do II Congreso FEMUPO

- Anuncio -

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, intervirá como relatora

O encontro afondará nos protocolos de atención a vítimas da violencia de xénero

A Federación Pola Igualdade Das Mulleres Da Provincia de Pontevedra (Femupo) organiza por segundo ano consecutivo un congreso sobre igualdade, que nesta edición leva por título ‘Protocolos de atención a vítimas de violencia de xénero’.

Durante a celebración deste congreso, que terá lugar no Parador de Tui o vindeiro 25 de
setembro en horario de 11:00 a 13:15 horas, serán obxecto de presentación e análise os
recursos da Administración na loita contra a violencia de xénero, os protocolos de atención nos centros de información á muller (CIM), os procedementos de denuncia e as dificultades que atoparon as asociacións durante a desescalada.

Desde Femupo destacan a oportunidade que brinda este evento, xa que favorece un maior
coñecemento e comprensión dos protocolos, axudas, ferramentas e recursos dispoñibles
para a atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero grazas á intervención de persoas
expertas como a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a presidenta da
Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller, Montserrat González; a
letrada do Centro de Información á Muller de Mos, Ana Rodríguez; e a presidenta de Femupo, Raquel Touriño.

O devandito encontro, que marca o segundo aniversario do nacemento de Femupo, busca
consolidarse como un foro autonómico de referencia no eido da igualdade ao congregar a
sectores e representantes deste ámbito.

O congreso concluirá coa intervención da presidenta de Amei Tui, Anabel Solla, que informará das actividades realizadas e das vindeiras actuacións desta federación.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas