Home Pontevedra Baixo Miño Tui avanza na desestacionalización do turismo incrementando significativamente o número de visitantes...

Tui avanza na desestacionalización do turismo incrementando significativamente o número de visitantes en outubro

- Anuncio -

A Oficina de Turismo rexistrou un 57% máis de consultas que no mesmo mes de 2023

Tui avanza na desestacionalización do turismo consolidándose coma un destino turístico atractivo ao longo de todo o ano, tal e coma reflicten os datos da Oficina Municipal de Turismo referidos ao pasado mes de outubro.

Así, durante o pasado mes de outubro, a Oficina de Turismo rexistrou un incremento dun 57% no número de persoas, turistas e peregrinos, que solicitaron información con respecto ao mesmo mes do ano anterior, pasando das 1.497 persoas en outubro de 2023 ás 2.353 deste ano.

O turismo internacional rexistrou o principal incremento, pasando de 69 persoas estranxeiras atendidas en outubro de 2023 ás 301 do pasado mes, o que representa un crecemento do 336%. Os principais puntos de orixe foron Reino Unido, Uruguai, Arxentina, Italia ou Portugal. Mentres o turismo nacional creceu nun 46% pasando de 987 a 1.441 persoas procedentes principalmente de Castela A Mancha, Asturias, Madrid, Castela León e Barcelona.

Por outra parte o número de peregrinos e peregrinas tamén creceu, pasando de 447 en 2023 a 605 o pasado mes de outubro. Neste caso tamén as persoas doutros países que estaban a realizar o Camiño foron as que máis consultas realizaron, un total de 424 (un 54% máis que en 2023), mentres que os nacionais subiron lixeiramente até as 181 persoas.

Segundo os datos da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago, en outubro foron 9.852 persoas as que realizaron o Camiño Portugués, das que o 78% eran peregrinos estranxeiros (6.896), e o restante 22% de procedencia española (2.212), consolidando Tui a condición dun dos principais lugares escollidos polos peregrinos para iniciar este Camiño Portugués, en concreto o 33% (3.182 peregrinos).

A concelleira de Turismo, Ana María Núñez Álvarez, expresa a súa satisfacción por estes datos da Oficina Municipal de Turismo, que reflicten “o froito da estratexia enfocada na sostibilidade e na diversificación da oferta turística local”. Engade que “Tui consolídase coma un destino cultural e de natureza, que pode desfrutarse en calquera época do ano”. Avanza que “seguiremos traballando para atraer tanto a turistas coma a peregrinos, mantendo sempre o compromiso co desenvolvemento local e a preservación do noso patrimonio”.

Relacionadas

As solicitudes das axudas provinciais para deportistas de alto nivel marcan récord e dispáranse...

0
Estas axudas, divididas nas subcategorías de DEPO_DAN, DEPO_DAN+ e DEPO_TALENTO, concédense por concorrencia competitiva e en función dos resultados do 2023, co obxectivo de...

Lores aproba a reforma da PO-531 na contorna do colexio de Campañó como medida...

0
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores visitou esta mañá as obras de seguridade viaria que a Xunta realiza na estrada autonómica PO-531...

Catro bombeiros de Ponteareas presentan a súa axuda no concello valencián de Alfafar

0
• Dende primeira hora da mañá traballan achicando auga en garaxes A concellería de Seguridade do Concello de Ponteareas informa que catro bombeiros do servizo...

O pleno de Soutomaior aproba a nova ordenanza do lixo para facer fronte ao...

0
O alcalde Manu Lourenzo sinalou que o Goberno local habilitará bonificacións ás familias que o precisen e a aquelas persoas que reciclen, pero temos...

O PSdG esixe á Xunta investimentos en Redondela por valor de 47 millóns

0
A Agrupación do PSdeG de Redondela cualifica os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025 como “decepcionantes e totalmente insuficientes para o...

O museo Meirande acolle un coloquio sobre o bote “Manuel” e a cultura mariñeira

0
O museo de interpretación da Batalla de Rande, o Meirande, acolle este sábado un interesante coloquio ao redor do histórico bote “Manuel” e a...

Publicacións Relacionadas