HomePontevedraBaixo MiñoTui conquista o mundo dende FITUR co seu patrimonio

Tui conquista o mundo dende FITUR co seu patrimonio

- Anuncio -spot_img

Por vez primeira o municipio presentou unha campaña propia, “Tui, Catedral de Historias” nesta cita de referencia internacional

O Concello de Tui presentou por primeira vez unha campaña turística propia, “Tui, Catedral de Historias”, no marco da Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR. Fíxoo por partida dobre, no estand de Galicia e na sala de presentacións de Turespaña.   

Tui proxectou internacionalmente o seu patrimonio, a súa cultura, a súa historia e tamén a súa gastronomía nun escenario de referencia. Até Madrid se desprazaron o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, que amais destas presentacións mantiveron diversos encontros de traballo ao longo da semana pasada.

O Concello de Tui centrou parte da súa proxección turística na conmemoración do VIII Centenario da Consagración da Catedral de Tui. Así a peza audiovisual presentada, “Tui, Catedral de Historias”, centrouse nas historias de persoas moi diversas que  atesoura a catedral. Pero tamén o patrimonio catedralicio, en concreto os sambenitos, espertaron un gran interese a través da exposición “Sambenitos da Catedral de Tui: Historia, Memoria e Infamia” que até o 4 de febreiro se pode visitar no Centro Sefarad Israel.  É unha mostra que recolle unha réplica dos cinco lenzos con catorce sambenitos pintados, xunto a paneis explicativos. O Concello de Tui traballa xa na itinerancia desta exposición, a través das cidades membro da Red de Juderías, como tamén a nivel internacional, para dar a coñecer este importante legado tudense.

Precisamente tanto o alcalde como a concelleira de Turismo asistiron ao cambio de presidencia da Red de Juderías, que pasa de mans do alcalde de Ribadavia, César Fernández, ao alcalde de Segovia, José Mazarías. Precisamente a Red de Juderías recibiu o premio de “Proxecto Innovador de Desinto” nos  IX AMT Smart Destinations Awards, celebrados no marco de FITUR 2026.

Cómpre destacar amais os contactos mantidos no propio Centro Sefarad – Israel, coa súa directora cultural Esther Bendahan, para avanzar en novos proxectos de colaboración. 

Tamén Enrique Cabaleiro e Ana Núñez, se reuniron en FITUR, co CEO do touroperador TUI, para seguir avanzando no convenio entre ambas entidades.

A axenda en Madrid completouse con outros encontros e relacións institucional para seguir posicionando a Tui turisticamente.

Publicacións Relacionadas