Home Pontevedra Baixo Miño Tui inaugurou hoxe unha praza de abastos de e para todos e...

Tui inaugurou hoxe unha praza de abastos de e para todos e todas

- Anuncio -

Así o destacou o rexedor tudense que tamén sinalou o efecto dinamizador do Mercado de San Antonio

Nun acto cun carácter marcado festivo e gran afluencia hoxe quedou inaugurado o mercado municipal de San Antonio tras as obras de renovación da praza que supuxeron un investimento superior ao 1,3 millóns de euros.

“Esta obra é de todos e para todos” explicou o alcalde, Enrique Cabaleiro, na súa intervención, na que sinalou que o mercado é un elemento de dinamización. Tamén indicaba o rexedor que “conseguimos materializar este proxecto grazas ao traballo de planificación e ao consenso institucional e político”. Facía un chamamento á confianza indicando que “entre todos imos conseguir recuperar o noso equipamento público , dignificar o noso ámbito urbano, e que Tui siga sendo un lugar que atrae máis visitantes, onde cada vez hai máis actividade económica e onde os nosos fillos e as nosas fillas poidan viabilizar o seu futuro”. Remataba con palabras de recoñecemento ao traballo realizado nestes cinco anos, cando se iniciou este proxecto, por parte da concelleira de Comercio, Ana Núñez.

Pola súa banda a concelleira Ana Núñez, repasou ese tempo de traballo e todas as persoas que aportaron de seu para que este proxecto sexa hoxe realidade, un tempo no que houbo bos e malos momentos. Ana Núñez destacou que “hoxe inauguramos este novo mercado coa ilusión de que se converta nun motor de desenvolvemento para a nosa cidade, un espazo cheo de vida, de sabores, de encontros e de sorrisos. Un lugar onde todos os días se escribe un novo capítulo da nosa historia común”.

A deputada de Turismo, Nava Castra, manifestou que este “é o claro exemplo de colaboración entre institucións, e a sociedade civil, neste caso os praceiros e praceiras”. Desexou ao mercado tudense a mesma sorte que o Mercado de San Antonio de Madrid.

Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo da Xunta, expuxo que “o soño dun director xeral de Comercio é atopar prazas de abastos tan ateigadas coma esta no día de hoxe” o que agardaba que isto sexa un reflexo da afluencia diaria de compras, o que será bo, dicía, “para a actividade económica e para xera emprego”. Desexaba “moi bo futuro para os praceiros e comerciantes, e que siga a ser un punto de encontro”.

Abel Losada, subdelegado destacaba que temos aquí “un magnífico novo punto de encontro para a cidadanía e para os visitantes”. Tivo palabras de eloxio para o alcalde pola transformación que está a conseguir da cidade, e pola consecución de fondos europeos que está a lograr. Con respecto a esta obra, que supuxo un investimento e 1,3 millóns de euros, que foi unha das nove obras subvencionadas en Pontevedra, e a segunda de maior importe tras Vigo. “Este tipo de mercados teñen unha enorme difusión, un efecto multiplicador sobre o tecido produtivo de proximidade que é fundamental para fixar poboación” dicía.

A voz de Sheila Patricia foi a encargada de abrir o acto no que tamén interviron na parte musical Arrancaxestas e Nuno Louro. No exterior non faltaron as actividades de animación infantil con globoflexia eu obradoiro infantil de cociña. Non faltaron agasallos coma bolsas, globos e outro material promocional do Mercado de San Antonio ou os premios da ruleta nos que moitos e moitas probaron sorte.

Mentres no interior os praceiros e praceiras desenvolvían a súa actividade atendendo aos clientes que acodían a facer as súas compras de peixe, carne, flores, froita, ou produtos gourmet. Hoxe amais, coincidindo coa inauguración, abriu un novo espazo gastronómico.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a “vangarda” do Centro de Procesado Avícola de Coren e a...

0
O presidente da Deputación visitou as instalacións do Centro de Procesado Avícola, en Santa Cruz de Arrabaldo, onde traballan máis dun millar de empregados Menor...

A Xunta pon en marcha o novo polo de Vilanova de Arousa, consolidando con...

0
― José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego que prestou axuda a máis de 2.800 proxectos...

O Concello de Baiona celebra o seu magosto popular

0
A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada...

Escape Room “Rexeita os malos tratos” no IES Primeiro de Marzo

0
Mais de 200 alumnos e alumnas do IES Primeiro de Marzo participan esta semana na actividade Escape Room educativo “Rexeita os malos tratos”, organizada...

Alumnado de 4º da ESO asistiu hoxe a unha nova proxección do programa O...

0
A través do cine traballarán na importancia do deporte, a inclusión, as redes sociais, a discapacidade intelectual e os videoxogos O cinema coma ferramenta educativa...

Sindy Takanashi e Diana López conversarán en Marín sobre ciberacoso, violencia sexual e machismo...

0
O coloquio feminista entre a creadora de contidos e a xornalista será o 21 de novembro ás 19.30 horas no Museo Torres e forma...

Publicacións Relacionadas