Home Pontevedra Baixo Miño Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Intelixente

Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Intelixente

- Anuncio -

En FITUR abordou tamén a posibilidade de incorporarse á rede de Caminos Naturales


O Concello de Tui inicia os pasos para ser Destino Turístico Inteligente,DTI. En FITUR o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, reuníronse co presidente de SEGITUR, Enrique Martínez Marín e co xerente de I+D+i, Luis Javier Gadea, para iniciar o proceso para lograr este distintivo.

Mellorar a competitividade, impulsar un desenvolvemento sostible, mellorar a experiencia do turista e a calidade de vida dos tudenses é o obxectivo que busca o concello de Tui con este distintivo. Dende a empresa pública SEGITUR realizarán un diagnóstico de situación, avalizando até un centenar de indicativos, entre elas a sostenibilidade do destino, para propor logo un plan de acción. De xeito paralelo o Concello de Tui solicitará adherirse á Rede DTI, impulsada pola Secretaría de Estado de Turismo. Constitúe unha ferramenta ao servizo da implantación do modelo de Destinos Turísticos Intelixentes para fomentar o intercambio de experiencias e coñecementos que contribúan ao desenvolvemento intelixente dos destinos turísticos. O alcalde, Enrique Cabaleiro, transmitiu aos responsables de SEGITUR, a situación estratéxica de Tui coma territorio transfronteirizo e entrada a Galicia do Camiño Portugués a Santiago, ao tempo que expuxo que o municipio conta coa Axenda Urbana, e é beneficiario dun Plan de Sostenibilidade Turística en Destino. Destacou amais Enrique Cabaleiro coma poder ser Destino Turístico Intelixente é tamén importante de cara á celebración do oitavo centenario da consagración da Catedral.

Outro dos encontros mantidos polos responsables municipais do Concello de Tui foi con Cristina Clemente Martínez, subdirectora xeral de Regadíos, Caminos Naturales e Infraestruturas Rurais. Enrique Cabaleiro e Ana Núñez expuxeronlle o interese en que a senda do Miño puidese formar da Rede de Camiños Naturais, plantexando unha senda transfronteiriza.

No marco de FITUR mantivéronse tamén outros contactos vinculados á celebración do 800 aniversario da consagración da Catedral coma con Ana Trevisani, de Trevisani, axencia de organización integral de eventos.

A actividade en FITUR pechouse este mediodía coa promoción da Eurocidade Tui-Valença dentro do posto de Turismo Porto e Norte. O presidente da Cámara de Valença, José Carpinteira, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, deron a coñecer todos os atractivos e potencialidades turísticas deste territorio transfronteirizo.

Tal e coma se destacou en FITUR a Eurocidade Tui-Valença é un exemplo único de integración cultural, histórica e económica entre Galicia e o norte de Portugal. Un destino que combina o mellor de ambos territorios, ofrecendo unha experiencia turística enriquecedora.

A oferta inclúe turismo transfronteirizo, eventos culturais, deporte na natureza, e atractivos como o Parque Natural Monte Aloia, a fortaleza de Valença e os centros históricos medievais. Tamén sobresae a súa gastronomía tradicional e os mercados locais.

A Eurocidade promoveu en FITUR o turismo sostible, a colaboración internacional e o desenvolvemento económico transfronteirizo, converténdose nun referente para visitantes nacionais e internacionais.

Relacionadas

O BNG demandará no Pleno de Vigo que o goberno do Estado aprobe un...

0
A fronte nacionalista critica o “espectáculo lamentábel” que están a ofrecer PP e PSOE xogando de maneira irresponsábel con cuestións de enorme importancia para...

A Deputación inaugura este venres no Palacete das Mendoza unha exposición pictórica de Tato...

0
A mostra estará dispoñible na sala de exposicións da sede de Turismo Rías Baixas ata o próximo 16 de febreiro A Deputación de Pontevedra inaugura...

O Concello de Nigrán emprenderá un novo plan de asfaltados de preto de...

0
A actuación forma parte do plan de asfaltados deste ano e abrangue ás sete parroquias, estando xa a redactarse o plan para 2026 "Nunca na...

O novo paseo do litoral de Cesantes mellorará a mobilidade ata a praia e...

0
- O Concello de Redondela xa conta co proxecto de execución para o novo paseo do litoral de Cesantes que unirá o peirao coa...

Por previsión de temporal con alerta laranxa a Festa do Cocido prevista para mañá...

0
Por mor da previsión de temporal con alerta laranxa para mañá domingo, a Comisión de Festas de Trasmañó anuncia que a Festa do Cocido...

Arrancan os cursos para maiores “Redondela Vital” e “Redondela en forma”

0
Estas actividades, que son de balde, están organizadas pola concellería de Maiores e impartiranse en 16 emprazamentos diferentes do municipio. A alcaldesa, Digna Rivas,...

Publicacións Relacionadas