Home Pontevedra Baixo Miño Tui pon en marcha o programa “Coida o corpo”

Tui pon en marcha o programa “Coida o corpo”

- Anuncio -

Trátase dun programa preventivo a nivel físico para maiores de 55 anos. Desenvólvese en Guillarei e Ribadelouro de xeito experimental

O Concello de Tui segue apostando pola prevención do deterioro da veciñanza maior de 55 anos en colaboración con Afaga Alzheimer.
Unha vez consolidado o programa preventivo a nivel cognitivo Cultiva a Mente en todas as parroquias do municipio, comézase coa implantación do homólogo a nivel físico Coida o Corpo. Deste xeito, asegúrase a atención e prevención a nivel global dos participantes (tanto a nivel da mente e coma do corpo).
O programa Coida o Corpo promove o envellecemento activo a nivel físico, funcional e social. É un programa deseñado para exercitar o corpo, á vez que se fomenta a socialización dos e das participantes. A través dunha metodoloxía activa e dinámica, trabállanse habilidades como a coordinación, forza, flexibilidade e resistencia.
Vai dirixido a persoas maiores de 55 anos sen diagnóstico de demencia. As sesións teñen prazas limitadas, con 15 persoas por grupo.
No mes de outubro púxose en marcha a proba piloto deste programa nas parroquias de Guillarei e Ribadelouro cos usuarios do programa Cultiva a Mente. Esta experiencia desenvolverase ata finais deste ano para analizar a súa acollida e viabilidade. O responsable da realización das sesións é Miguel Vázquez, Técnico da Actividade Física e do Deporte de AFAGA.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz; e o presidente de Afaga Alzheimer, Juan Carlos Rodríguez, deron á benvida ás persoas participantes neste proxecto piloto. O alcalde, Enrique Cabaleiro, salienta a aposta que dende o Concello de Tui se fai polos Servizos Sociais, traballando con Cultiva a Mente e agora con Coida o corpo” no ámbito da prevención. O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, explicou coma este novo programa se inicia de forma experimental en dúas parroquias, pero que, en función da acollida e desenvolvemento que teña, o obxectivo é que poida chegar a todas as parroquias.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Redondela celebra o Día Internacional da Diversidade Funcional esixindo “dereitos, non favores”

0
Como exemplo de adaptación inaugurouse esta mañá un semáforo con pictogramas na estrada de Vigo, na zona do Salgueiral. Deste xeito favorécese a comprensión...

Publicacións Relacionadas