HomeVigoBaionaTurismo de Baiona continua co ciclo de visitas guiadas gratuítas durante as...

Turismo de Baiona continua co ciclo de visitas guiadas gratuítas durante as Festas do Nadal

- Anuncio -spot_img

Despois do éxito obtido coas visitas guiadas que levaron a cabo durante o ponte da constitución, a Concellería de Turismo de Baiona, segue ofrecendo durante as festas do Nadal, novas visitas.

As visitas, que ofrecen diferentes temáticas con aproximadamente de 1’5 h de duración, son as seguintes:

  • 20 de decembro: Visita guiada infantil “Despedindo o outono en Baiona”: ás 11:30 h. Punto de encontro: exterior Oficina de Turismo.
  • 21 de decembro: Visita guiada á Virxe da Roca. “A Virxe da Roca no solsticio de inverno”: ás 11:30 h.Punto de encontro: exterior Oficina de Turismo.
  • 26 de decembro: Visita guiada “Baiona Mariñeira”: ás 11:30 h. Punto de encontro: exterior Oficina de Turismo.
  • 27 de decembro: Visita infantil “Misterios no Camiño”: ás 11:30 h. Punto de encontro: exterior Oficina de Turismo.
  • 28 de decembro: Visita para persoas adultas “Francis Drake en Sta. Marta”. ás 11:30 h. Punto de encontro: posto de socorrismo da praia de Sta. Marta.
  • 30 de decembro: Visita guiada “Baiona Mariñeira”: ás 11:30 h. Punto de encontro: exterior Oficina de Turismo.

Todas elas serán realizadas por Guías Oficiais de Galicia. As prazas son limitadas e é necesario inscribirse previamente, a través do correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal ou chamando ao 677783296.

Publicacións Relacionadas