• Cubela quere converter ao municipio, a curto e medio prazo, en referencia do turismo natural, familiar e sostible en Galicia
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de recibir a confirmación de Turismo de Galicia de que recibirá unha subvención de 30.000 euros para crear un albergue para 8 peregrinos da Vía Mariana no local municipal existente na área recreativa xunto á praia fluvial da Chan de Carballedo.
Esta axuda da Xunta de Galicia, segundo manifestou o alcalde Jorge Cubela, permitirá revitalizar esta ruta do interior da provincia de Pontevedra e axudará a seguir dinamizando económicamente o municipio a través do turismo e, como neste caso, aproveitando o interese que levanta nos visitantes a Vía Mariana que descorre polas parroquias de Augasantas, Valongo, Loureiro, Carballedo, Santa María de Sacos e San Xurxo de Sacos, antes de adentrarse xa no veciño munipio de Campo Lameiro.
O equipo de goberno ten previsto tamén manter varias xuntanzas coas comunidades de montes para recabar a súa colaboración á hora de acondicionar sendeiros e facer labores de roza e mantemento de espazos e vierios por onde transita a propia Vía Mariana que, segundo o alcalde, “supón unha oportunidade a curto e medio prazo para seguir potenciando a oferta turística do noso concello que está acadando un desenvolvemento moi importante ao longo dos últimos anos coa aparición de proxectos emprendedores no sector hostaleiro e gastronómico así como toda unha serie de iniciativas relacionadas co turismo verde e familiar no que encaixa perfectamente a Vía Mariana”.
Cubela manifestou o seu desexo de converter ao concello de CerdedoCotobade “no municipio da contorna máis dinámico desde o punto da promoción turística e que ten no patrimonio histórico, natural e paisaxístico as súas principais bazas e elementos para competir e atraer visitantes para desenvolver o turismo, axudar aos negocios locais e ser punta de lanza na comarca no turismo verde, familiar e sostible”.



