HomePontevedraÚltimos días para adherirse ao Programa de Emprego da Asociación de Empresarios...

Últimos días para adherirse ao Programa de Emprego da Asociación de Empresarios de Redondela no que poden participar candidatos de toda a provincia

- Anuncio -spot_img

UNHA OPORTUNIDADE PARA O EMPREGO PARA O 2021

Candidatos de toda a provincia poden solicitar a súa participación no novo PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE ASOCIAICÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA .

O proxecto comprende ata catro itinerarios formativos entre os que destaca o de Novas Tecnoloxías con accións piloto que buscarán desenvolver habilidades para novas profesións baseadas na tecnoloxía.

O 45% dos participantes serán persoas novas e un 15% estarán reservadas a persoas maiores de 45 anos.

Ademais o proxecto contempla itinerarios de apoio ao autoemprego o que abre un importante apoio a posta en marcha de novos proxecto de emprendemento empresarial que ao contrario do que se podería pensar están a experimentar un importante auxe sendo cada día mais as demandas de asesoramento nos últimos meses.

Este tipo de programa de acompañamento á persoas desempregadas son unha gran oportunidade para relanzarse profesionalmente e contar cun asesoramento personalizado para trazar os obxectivos profesionais.

As solicitudes para participar no programa poden tramitarse a través da web www.empresasredondela.gal ou nos enderezos e teléfonos habituais da entidade.

Los colectivos con los que se trabajará en este plan de empleo son:

  • Persoas menores de 30 anos desempregadas con baixa cualificación: 40
  • Persoas menores de 30 anos desempregadas cualificadas: 5
  • Persoas desempregadas maiores de 45: 15
  • Mulleres desempregadas: 40
    TOTAL: 100
    Principais Materias del programa:
    Neste programa a formación xoga un papel clave para a mellora das competencias profesionais de cada persoa usuaria, e deseñase coa intención de situar as persoas usuarias en mellores condicións de partida tanto para o acceso como para o mantemento do emprego.
    As Novas tecnoloxías da información e a comunicación xogarán un papel crucial en todos procesos formativos.
    O proxecto contará como punto de partida con formación prelaboral, e dicir, aquela dirixida a adquisición de competencias persoais e sociais. Este tipo de formación será administrada como píldoras formativas de curta que terán como obxectivo o posicionamento no mercado laboral, a
    mellora da autoestima e a formulación dunha busca de emprego activa a través das novas tecnoloxías.
     Coñecemento de habilidades persoais e sociais para o emprego (Carta de presentación, C.V., entrevista de traballo, intelixencia emocional, técnicas de coaching, etc)
     Coñecemento de recursos para o emprego (en colaboración con outras entidades, darase difusión a distintos programas como Rede Eures, ETT ́s, charlas de empresas, etc)

 TIC ́S aplicadas a busca de emprego.
 Formación lingüística.
 Preparación para a proba teórica do carné de conducir.
 Fomento da capacidade emprendedora (talleres de emprendemento activo).

Os tre itinerarios formativos tocan as materias de: comercio, turismo, administración e Novas tecnoloxías e estará acampañados dun programa de práctica laboral, no que se abordarán materias como: xestión e contro do aprovisionamento, marketing dixital e comercio electrónico, operación auxiliares de servizos administrativos ou robótica.
Pola súa banda tamén haberá un Programa de acompañamento á empresas que comprenderá servizos tales como: realización de procesos de preselección, seguimento de persoas incorporadas, fomento e asesoramento en Responsabilidade Social Empresarial, convenios en prácticas, colaboración no deseño e implantación de accións formativas específicas para a cobertura de postos de traballo.

Publicacións Relacionadas