HomeO MorrazoMarínÚltimos días para gastar as tarxetas regalo da campaña de Nadal no...

Últimos días para gastar as tarxetas regalo da campaña de Nadal no comercio e a hostalaría locais

- Anuncio -spot_img

As compras de Nadal tiveron premio entre os marinenses que optaron por apoiar á economía local. Sorteáronse 100 tarxetas de 50 euros cada unha, que se entregaron en xaneiro e que poderán ser consumidas ata o sábado deste fin de semana.

Apoiar o noso. Ese é obxectivo que persegue o Goberno local con todas as campañas de dinamización da economía local de Marín, a través da plataforma dixital Marín en Rede e das diferentes iniciativas de incentivación do consumo que se levaron a cabo na localidade nos últimos tempos.
A campaña que se impulsou durante as festas do Nadal supuxo unha inxección económica na economía de local de 82.000 euros.
Sorteáronse entre os veciños e veciñas que realizaron as súas compras no comercio e na hostalaría local de Marín durante as datas do Nadal 100 tarxetas regalo de 50 euros cada unha.
O Concello quere lembrar que o prazo para canxear e gastar nos establecementos de Marín rematará este sábado. Despois, desactivaranse as tarxetas, polo que é importante non deixar un remanente nelas para poder gastar todo o importe que conteñen.
Desde a Concellaría de Comercio e Turismo xa se están a preparar novas campañas de cara á primavera coa finalidade de continuar apoiando o consumo na nosa vila, apoiando aos nosos emprendedores, comerciantes, hostaleiros… Apoiando, en resumo, á economía local da vila.
O Concello lembra tamén que todos os negocios que queiran formar parte de Marín en Rede é suficiente con acudir á web www.marinenrede.com e encher o formulario que se atopa na pantalla de inicio.

Publicacións Relacionadas