Home Vigo O Porriño Últimos preparativos para a segunda edición da Batalla de Debuxantes "Imporvisado"

Últimos preparativos para a segunda edición da Batalla de Debuxantes “Imporvisado”

- Anuncio -

A Concellería de Festas e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX do Porriño), organizadores do segundo concurso “Improvisdado, Batalla de Debuxantes”, anuncian os últimos preparativos desta segunda edición que terá lugar o 18 de setembro, dentro da progrmación das Festas do Cristo.

A produtora do evento, “Vella Escola” distribuíu un vídeo – que adxuntamos – co trofeo deseñado para premiar ao gañador entre os seis participantes seleccionados para competir na final.

O acto terá lugar o vindeiro sábado, no Parque do Cristo, a partir das cinco da tarde. A produtora preparou un escenario onde os seis finalistas terán que improvisar un deseño artístico cos utensilios proporcionados. Serán valorados por un xurado formado por “O Ras” (gañador do concurso en 2020), así como os artistas Pow One e Sax.

A animación do evento estará a cargo de DJ Santi nos pratos, e Tai Beatbox ao micrófono.

Relacionadas

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Oia presenta a súa guía turística interactiva ao comercio e hostalería local

0
O Concello de Oia vén de poñer en marcha unha guía turística interactiva para facer máis accesible a información dos seus principais atractivos e...

O BNG defenderá no Pleno de Vigo unha batería de medidas para combater a...

0
A fronte nacionalista trasladará unha moción da CIG para esixir un “xiro de 180 graos” nas políticas laborais para garantir emprego e salarios dignos...

O ciclismo toma o concello coa terceira edición da proba BTT Terras de Tomiño...

0
Será o vindeiro domingo 28 de abril con saída ás 09.00 horas dende a Praza do Seixo Este ano contará cunha andaina simultánea organizada coa...

A Agrupación de Protección Civil comeza unha nova andaina da man do concello de...

0
César Poza habilita partida no orzamento para o grupo de voluntarios, adapta un vello almacén como sede e confire á asociación carácter municipal A recente...

Publicacións Relacionadas