Home Pontevedra O Condado Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño únese as reivindicacións...

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño únese as reivindicacións no Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

- Anuncio -

O 28 de xuño celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ co obxectivo de concienciar sobre a diversidade, a igualdade, a tolerancia e o respecto cara este colectivo.

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño únese a estas reivindicacións para aportar o seu gran de area mediante diferentes accións.

Ao igual que en anos anteriores, estará colgada a bandeira LGTBIQ+ no balcón do Concello para dar visibilidade e animar a loitar por unha sociedade máis xusta e para recalcar o dereito a amar libremente.

Seguiremos co noso concurso de slogans coa 3ª edición. A partires do luns da semana que ven ábrese o prazo para que todas as persoas poidan ser participes. Buscamos unha frase conmemorativa para colocar na última semana nas redes sociais e na pantalla informativa do Concello, como imaxe central. Se queres participar so tes que enviar a túa frase a animación@concellodesalvaterra.org, do 5 ao 20 de xuño. A frase estará exposta do 22 ao 30 de xuño en redes.

A frase non pode ter máis de 30 caracteres. Dende o Departamento de Cultura e Servicios Sociais escollerase a fase gañadora

Concienciar e educar as novas xeracións é importante para unha sociedade mellor, pois elas teñen o poder de facer deste mundo un lugar con futuro.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas