Un Concerto de Nadal das tres corais de Marín para festexar o inicio de xaneiro

adminON
Lectura mínima de 3

Será no Templo Vello o 3 de xaneiro ás 20.00 horas e contará cun amplo repertorio musical 

O 3 de xaneiro a partir das 20.00 horas a Igrexa Vella acollerá un concerto das tres corais da nosa vila para festexar o Nadal. Os integrantes de cada unha das formacións cantarán un amplo repertorio de música para facer desfrutar a todo o público que se achegue. 

A primeira en cantar será Lembranzas, cuxo nome fai referencia ao propio espírito desta coral, que é lembrar, revitalizar e fomentar a cultura musical desde o ano 1980, cando comezou a súa actividade. Ao longo dos anos, pasaron distintos directores que fixeron que medrase e se mantivera coma coral e desde hai 26, é Sofía Taboada Gil a encargada de facer este labor. Este será o seu repertorio: 

• EL MAR Y YO. Habanera popular 

• DE COLORES. J. Trayter 

• YO QUIERO SER MARINERO. Arr. J.A. Oliveira 

• FUENTECILLA QUE CORRES. Villancico popular Andaluz. Arr. Cifré • CON UN SOMBREIRO DE PALLA. Popular Galega. Arr. J. A. Oliveira 

Despois será a quedan da Coral do Centro Sociocomunitario, que naceu no ano 1992 baixo o nome de Coral Flores de Outono. Está formada por 32 voces mixtas, xubilados, o que engade máis mérito a este grupo de amigos afeccionados ao canto. Ao longo do tempo participaron en festivais e distintas actuacions por toda a xeografía galega. Na actualidade, está dirixida por Montserrat Arosa. O repertorio que cantarán inclúe as seguintes pezas:

• AS MOZAS DE ÉSTA RIBEIRA. Popular Galega 

• GALICIA TERRA NOSA. Música : Prudencio Romo Arranxo coral: Montse Arosa • ALÓ A MEDIA NOITE. Panxoliña popular 

• OJOS DE MAR. Juan Asian 

• CATRO GALEGOS A BELÉN. José Luís Reza Cabana 

O Coro de Cámara Thalassa será o encargado de pechar o concerto. Naceu no 1994 e ao longo destes trinta anos consolídase como unha formación estable con equilibrio nas cordas. Foron numerosas as actuacións desenvolvidas por Thalassa nestes anos, tanto na nosa comunidade como en Portugal e tanto “a capella” como con acompañamento. A última participación foi no proxecto “CANTAMOS” da Real Fhilarmonía de Galicia neste mes de decembro. 

Na actualidade, dirixe o coro Gonzalo Martín Lorenzo, amante da música clásica e que aplica os seus estudos de piano e canto no Conservatorio profesional de Valladolid en mellorar a aprendizaxe da formación, que rematará a súa actuación con estas cancións: 

• THE LORD BLESS YOU AND KEEP YOU . John Rutter 

• HALLELUJAH. L. Cohen. Arr. Roger Emerson 

• GLORIOUS KINGDOM. Espiritual. Arr. W. Kelber 

• EL CIELO CANTA ALEGRÍA. Pablo Sosa. Arr. Roger Bergs

Comparte este artigo