• Os veciños da parroquia seguen á espera dun espazo que reúna as condicións necesarias para uso como centro sanitario.
Xa pasou moito tempo dende que este servizo se deixou de prestar na zona e urxe a súa reposición.
Desde a xerencia do SERGAS xa deron as indicacións necesarias para a reapertura correspondente hai semanas, pero aínda está pendente a resposta por parte da alcaldesa.
Este asunto debería ser unha prioridade para o goberno municipal, o cal adoita demorarse en exceso á hora de resolver os problemas realmente importantes, actuando de forma irresponsable e botando balóns fora.
Durante todo este tempo, o BNG de Tomiño dirixido por Sandra González instou ao goberno autonómico para achegar unha solución a sabendas da complexidade e o tempo que iso supón, namentres non se dignaron en avanzar a súa parte correspondente coa procura dunha instalación adecuada.
O resultado era de esperar: as autoridades sanitarias e a Xunta xa completaron o seu traballo mentres que ao goberno municipal temos que esixirlle que se poña mans a obra cunha cuestión que xa deberían ter resolto fai meses, co prexuízo que iso supón para todos os veciños.



