HomeVigoO PorriñoUn detido por a Policía Local en Porriño manifesta que es "Diplomático"...

Un detido por a Policía Local en Porriño manifesta que es “Diplomático” da “República Errante de Menda Lerenda”

- Anuncio -spot_img

Un veciño de Porriño detido onte sábado de tarde, nun control na avenida Domingo Bueno, e sobre o que xa pesaba unha orde de detención dun xulgado de Vigo, alegou que el era “diplomático” dun suposto mini estado que se chamaría “República Errante de Menda Lerenda”. De feito, aos axentes non lles mostrou DNI algún senón un papel da súa suposta condición. Tras ser trasladado ao Cuartel da Garda Civil de forma voluntaria para a súa identificación, comprobouse por medios electrónicos que é J.D. R, veciño do Porriño, de 44 anos. Tanto el como a súa parella estaban a ser buscados tamén pola Policía Autonómica debido a que, segundo información de Servizos Sociais, parece ser que teñen aos seus tres fillos sen escolarizar desde que en decembro pasado sacáronos do colexio ao que ían en Mos, alegando que se ían a vivir a Portugal. Ao ser preguntado por esta circunstancia, J.D. R. alegou que non ten obrigación de escolarizalos, debido a que el non recoñece ao Estado Español e que os nenos teñen “ home school”, pois el e a súa parella encargaríanse da súa instrución docente. Foi levado, a continuación, ás dependencias da Policía Local do Porriño en condición de detido para a instrución de dilixencias. Cando se lle leron os seus dereitos, JDR solicitou aos axentes municipais que avisasen ao “cónsul” do seu país. Trasladado ao xulgado de garda, o detido reiterou #ante o xuíz que non recoñecía ao estado español e que el non é a persoa que a Policía Local di que é, facilitando o nome co que el se lle recoñecería na “República Errante Menda Lerenda”.

Publicacións Relacionadas