HomeVigoO PorriñoUn lume de madrugada causou danos materiais nunha empresa do Polígono da...

Un lume de madrugada causou danos materiais nunha empresa do Polígono da Granxa

- Anuncio -spot_img

Un lume probablemente ocasionado por un curtocircuíto causou danos materiais de consideración nunha empresa do Polígono Industrial da Granxa nun suceso acaecido a pasada noite.
Unha dotación da Policía Local do Porriño acudiu ás 3.30 horas de hoxe, requiridos polos vixiantes da Zona Franca a un aviso por lume nas instalacións da firma “Diamant Boart-Husqvarna”, sita na confluencia da avenida principal e a rúa Ons, nº 98 do devandito polígono.
As lapas procedían do fondo da nave e produciron diversos estoupidos e moito fume. A Policía Local do Porriño alertou ao 112 para que mobilizase aos bombeiros do parque comarcal que extinguiron o lume. Segundo manifestaron, o lume tivo a súa presunta orixe nun cadro eléctrico situado nunha mesa de traballo.

Publicacións Relacionadas