- As prazas son limitadas e con inscrición previa en cultura@aguarda.es
Este sábado os pequenos da casa poderán desfrutar dun obradoiro de cociña de Nadal. Os participantes elaborarán unhas tartaletas de galleta, iogur e froita e tamén unhas galletas de xenxibre.
Deste xeito, amasarán, enfornarán e decorarán as súas propias elaboracións que despois poderán desfrutar con toda a familia na casa. O obradoiro está orientado a crianzas de 4 a 10 anos e poden inscribirse en cultura@aguarda.es.
O obradoiro será o sábado 27 de decembro ás 12h na carpa da praza Avelino Vicente.



