HomeBaixo MiñoA GuardaUn obradoiro na Guarda ensínate a escribir ‘máis bonito’

Un obradoiro na Guarda ensínate a escribir ‘máis bonito’

- Anuncio -spot_img
  • Trátase dun obradoiro organizado pola OMIX da Guarda sobre arte do lettering con motivo do Nadal

Ven desfrutar da maxia do papel e a tinta no próximo obradoiro organizado pola OMIX do Concello da Guarda no que aprenderás a escribir bonito para darlle a benvida á época máis máxica do ano.

Poderás usar unha serie de útiles de escritura e técnicas básicas de caligrafía e composición para dar personalidade aos teus textos. Poderás levar á casa, do teu puño e letra, felicitacións de Nadal, láminas decorativas, etiquetas para regalos, meseiros e incluso papel para envolver os agasallos de Nadal.

O obradoiro de lettering levarase a cabo o día 29 de novembro dende as 11 ás 13 horas na Casa dos Alonso. Ten prazas limitadas e vai dirixido principalmente á mocidade aínda que se quedan prazas poderá participar público adulto. Para inscrición ou información informacion@aguarda.es

Publicacións Relacionadas