HomeBaixo MiñoA GuardaUn obradoiro teatral para achegar á mocidade o impacto dos desastres naturais

Un obradoiro teatral para achegar á mocidade o impacto dos desastres naturais

- Anuncio -spot_img
  • A OMIX do Concello da Guarda e FOCO organizan este obradoiro para a mocidade entre 13 e 18 anos

O vindeiro venres 30 de maio de 2025, o Centro Cultural da Guarda acollerá un obradoiro gratuíto dirixido a mozas e mozos de 13 a 18 anos para explorar, a través do teatro e outras ferramentas creativas, o impacto e a resposta colectiva fronte aos desastres naturais.

Esta actividade, organizada pola asociación FOCO en colaboración coa OMIX da Guarda, busca fomentar a conciencia e a preparación da mocidade ante situacións de emerxencia ambiental. Encádrase dentro do proxecto europeo Our Planet centrado na concienciación ambiental da mocidade, apoiado por Erasmus+.

O obradoiro desenvolverase entre as 18:30 e as 20:00h e é gratuíto e sen inscrición previa. Pódese obter máis información a través do correo informacion@aguarda.es ou info@focoeuropa.com.

A actividade enmárcase nas accións de sensibilización ambiental e participación xuvenil impulsadas no concello.

Sobre FOCO

FOCO é unha asociación con sede na Guarda (Pontevedra) fundada por persoas procedentes de diferentes ámbitos que pretende facer avanzar o campo da educación non formal mediante proxectos formativos e creativos e iniciativas innovadoras.

Con actividades relacionadas co teatro e a representación teatral tentan facer chegar á xente nova os valores democráticos, mais tamén medioambientais, de cooperación e convivencia…

Publicacións Relacionadas