Home Pontevedra Caldas Un programa de luxo para celebrar a LIII Festa do Carneiro ao...

Un programa de luxo para celebrar a LIII Festa do Carneiro ao Espeto

- Anuncio -

Miramar, Marbella, Andy&Lucas, José de Rico, Fiesta Kioto, Euro Abba, Milladoiro e París de Noia son os nomes máis fortes desta edición do Carneiro, que se celebrará do 10 ao 31 de xullo.

O Concello de Moraña presentou esta mañá a programación da LIII Festa do Carneiro ao Espeto, a nosa festa de interese turístico galego que se celebrará do 10 ao 31 de xullo. O cartel con toda a programación foi presentado polo alcalde, José Cela, e as concelleiras Norma Caldas e María José García Sueiro.

Miramar, Marbella, Andy&Lucas, José de Rico, Fiesta Kioto, Euro Abba, Milladoiro e París de Noia son os nomes máis fortes desta edición do Carneiro, que se celebra despois de dous anos de parón pola pandemia.

Pero non son ás únicas actividades que hai programadas. Desde o 10 de xullo o Concello preparou unha intensa programación chea de ocio, desfrute, cultura e tradición.

SÁBADO, 10 DE XULLO
20.00 horas. CERTAME CORAIS
No Multiusos teremos a actuación do Coro Martín Códax da Casa de Galicia de Córdoba e a Coral Voces Amigas de Moraña.

SÁBADO, 16 DE XULLO
19.00 horas. SHOWCOOKING
Na Carballeira de Santa Lucía, o chef Miguel Mosteiro de Gastrolab Arousa faranos unha demostración culinaria de dous pratos a base de carneiro, para un máximo de 30 persoas.
Para participar, é obrigatorio inscribirse previamente na Casa da Cultura.

21.00 horas. ESPÉTALLE UN PINCHO
Terá lugar un ano máis na Carballeira de Santa Lucía. Poderemos degustar as distintas formas de preparar un carneiro que nos ofrecerán os bares e restaurantes participantes. A velada estará amenizada por Pablo Balseiro e os Cascarillas.

DOMINGO, 17 DE XULLO

09.00 horas. BTT CARNEIRO Ó ESPETO
Sairá da explanada ao carón do Multiusos, a I BTT Carneiro ó Espeto, que percorrerá varias
parroquias do Concello. Organizada pola Asociación Cultural Romería de Santa Xusta de
Moraña.

XOVES, 21 DE XULLO
12.00 horas. CONTACONTOS.
Polo Correo do Vento representará no Multiusos a obra “De Valdeorras a México”.
16.30 horas. FESTA ACUÁTICA.
Na Piscina Municipal haberá actividades acuáticas coas que gozar dunha divertida tarde.

VENRES, 22 DE XULLO
16.00 horas. TORNEO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL.
No Campo de Fútbol de O Buelo terá lugar o I Torneo Interparroquial de Fútbol, organizado
pola Asociación Cultural Romería de Santa Xusta de Moraña e o Moraña CF. O torneo
desputarase durante a fin de semana, sendo a final o domingo 24 ás 19.00 horas.

SÁBADO, 23 DE XULLO
21.30 horas. AGNUS SUMMER FEST.
Na explanada ao carón do Multiusos, teremos a actuación de diversos DJ autonómicos e
nacionais. Organizado pola Asociación Cultural Romería de Santa Xusta de Moraña. Máis
información no Facebook e Instagram @agnussummerfest.

DOMINGO, 24 DE XULLO
10.30 horas. VIII CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO
Actividade financiada pola Deputación de Pontevedra, con cargo ao Plan Concellos 2022
(Liña 2). Organizada polos clubes Atletismo +9 de Moraña e Moraña en Ruta, o deporte
volverá encher as rúas de Santa Lucía. A saída será na Rúa 5 de Santa Lucía, percorrendo
varias rúas do casco urbano e arredores. Haberá agasallos para os participantes e trofeos
para os tres primeiros de cada categoría.
21.30 horas. TEATRO.
No Multiusos, a compañía Malasombra Teatro representará a comedia “De algo hai que
morrer”

MARTES, 26 DE XULLO
17.30 horas. XOGOS MULTIAVENTURA.
Na zona deportiva da Rúa 7 teremos actividades como inchables, lasertag, futbolín humano
e toro mecánico para todos os que queirades participar.
20.00 horas. NOITE DE VIDEOXOGOS.
No Multiusos, a partir de 12 anos, noite de videoxogos no que haberá unha gran variedade
das últimas novidades de Play Station 5 e Nintendo Switch para xogar individualmente ou
en grupo. As prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse de antemán na Casa de
Cultura.

MÉRCORES, 27 DE XULLO
22.30 horas. CINE NA RÚA.
Na explanada do Multiusos, proxectarase a divertida comedia familiar dirixida e
protagonizada por Santiago Segura, “Padre no hay más que uno 2: La llegada de la
suegra”.

XOVES, 28 DE XULLO
20.00 horas. FESTA INFANTIL.
No patio traseiro da Casa de Cultura, teremos unha tarde divertida co DJ Javi Solla,
ademais de cócteles saudables.
23.00 horas. FESTA HOLI.
Tamén no patio traseiro da Casa de Cultura. Festa de cores destinada á xuventude de 12 a
17 anos. Música con DJ e cócteles sen alcohol. Ás prazas son limitadas, así que é preciso
inscribirse previamente na Biblioteca.

VENRES, 29 DE XULLO
19.00 horas. ESPECTÁCULO NOVO CIRCO.
A compañía SU.MA realizará o seu espectáculo Ikigal, un número familiar de danza-circo
cunha montaxe de 360º, que lles valeu o Premio do Público no Festaclown 2020. Será no
patio traseiro da Casa de Cultura.
20.30 horas. INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “30 ANOS DA ASOCIACIÓN DE
MULLERES RURAIS O MENHIR”
No Multiusos, inaugurarase a exposición que conmemora os 30 anos desta asociación.
Mostrarannos traballos de cestería tradicional e de deseño, restauración, labores,
manualidades, pintura e a colección “Bolsos rurais 2022”.
23.00 horas. VERBENA.
Coa actuación das orquestras MIRAMAR e MARBELLA

SÁBADO, 30 DE XULLO
11.00 horas. FESTA DA BICICLETA.
A Carballeira de Santa Lucía será o lugar de encontro de todas as persoas, grandes e
pequenas, que queirades acompañarnos a dar un paseo en bicicleta. Primeiro,
percorreremos as rúas do núcleo urbano acompañados da Banda de Música Nova Lira de
Moraña, para logo visitar distintos lugares do noso concello. Haberá camisetas para todos
os que participedes e sortearemos algún que outro agasallo.
23.00 horas. GRAN GALA CARNEIRO Ó ESPETO.
Coas actuacións de EURO ABBA, ANDY&LUCAS, JOSÉ DE RICO e FIESTA KIOTO.

DOMINGO, 31 DE XULLO
11.00 horas. ANIMACIÓN DE RÚA.
A cargo da Charanga Os Encerellados.
14.00 horas. ASIGNACIÓN DE LOTES.
14.30 horas. EXTRAORDINARIO XANTAR DO CARNEIRO Ó ESPETO.
Sobremesa amenizada pola Charanga Os Encerellados.

20.00 horas. Actuación de MILLADOIRO.
22.30 horas. Remate de festas coa actuación de PARÍS DE NOIA.

Relacionadas

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Obradoiros de tempada para achegar o Mercado de Tomiño á veciñanza

0
A Asociación de Praceiros e Praceiras pon en marcha unha programación trimestral coa que dinamizar a praza de abastos e poñer en valor os...

Publicacións Relacionadas