Home Pontevedra O Salnés Un proxecto de intelixencia artificial na Unidade do Sono do Servizo de...

Un proxecto de intelixencia artificial na Unidade do Sono do Servizo de Pneumoloxía de Montecelo reforza os estudos para tratar trastornos desta función

- Anuncio -

— Este proxecto optimiza os tempos adicados á revisión e análise das probas diagnósticas, con algoritmos que axudan neste labor e permiten identificar os pacientes en risco antes de que presenten síntomas graves


— O CHUP pontevedrés dispón dende 2006 dunha Unidade do Sono en Montecelo, pola que pasan cada ano arredor de 300 pacientes e que da tratamento a preto de 6.000 usuarios, realizando tamén estudos domiciliarios

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés vén de implantar un proxecto de Intelixencia Artificial para informar os estudos do sono na Unidade existente no Hospital Montecelo do Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés. No caso dos trastornos do sono, este proxecto de Intelixencia Artificial optimiza os tempos adicados á revisión e análise das probas diagnósticas. Trátase de procedementos que adoitan ser moi laboriosos e extensos. Por tanto, o uso de ferramentas intelixentes melloran a prestación asistencial.

Segundo sinala o pneumólogo do CHUP pontevedrés e coordinador desta Unidade no hospital Montecelo, o doutor Adolfo Baloira Villar “en efecto, o aforro de tempo é un dos principais beneficios, pois normalmente os diagnósticos de trastornos do sono requiren unha proba diagnóstica, que moitas veces necesita unha análise manual. Esa tarefa require certo tempo que, agora cos algoritmos de Intelixencia Artificial, pódese reducir”.

Axuda no diagnóstico
Ademais da redución no tempo de análise, os algoritmos de Intelixencia Artificial axudan nos diagnósticos e permiten identificar os pacientes en risco antes de que presenten síntomas graves.

A través da análise de grandes volumes de datos provenientes de estudos de sono, os algoritmos poden extraer información valiosa que nunha primeira análise sería máis complicada detectar. “Isto permite adaptar os tratamentos na nosa Unidade do Sono do Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés ás necesidades específicas de cada paciente, ofrecendo opcións máis precisas e eficaces. Por exemplo, no caso das apneas obstrutivas do sono, onde existen varios tratamentos. A Intelixencia Artificial pode axudar a determinar cal é o máis axeitado para cada doente”, subliña o doutor Baloira.

Unidade desde 2006 en Montecelo
Cómpre sinalar que o CHUP pontevedrés dispón dende 2006 dunha Unidade do Sono no hospital Montecelo, que consolidou o nivel asistencial de primeira liña que a Área Sanitaria presta no tratamento de patoloxías e trastornos do sono. Coordinada por profesionais do servizo de Pneumoloxía -dous pneumólogos e sete efectivos de enfermaría- a dependencia, emprazada no sétimo andar deste hospital, conta con aparataxe para os estudos completos do sono -denominados polisomnografías-.

A Unidade do Sono do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra -pola que pasan ao longo do ano arredor dos 300 pacientes, 55 pacientes cada semana e que na actualidade da tratamento a preto de 6.000 usuarios- realiza tamén estudos domiciliarios.

Segundo revela o seu coordinador e pneumólogo do CHUP pontevedrés, Adolfo Baloira Villar, “anualmente efectuamos 150 estudos a domicilio a doentes con trastornos do sono. Estes pacientes achéganse á nosa unidade, onde reciben instrucións para poder utilizar no seu domicilio os aparatos de estudo do seu sono; aparatos que devolven á mañá seguinte coa información técnica que recadaron durante a noite”.

Das primeiras na asistencia á apnea do sono
A posta en funcionamento asistencial da Unidade do Sono do CHUP foi das primeiras en Galicia na asistencia e seguimento de patoloxías coma a apnea do sono. Esta anomalía, que afecta a entre un 4 e un 7 por cento da poboación adulta, é una condición caracterizada por episodios de suspensión da respiración mentres se durme. O resultado é un sono fragmentado non sosegado durante a noite que conduce a un exceso de somnolencia diúrna.

Aparentemente, as persoas maiores e obesas teñen un risco maior de apnea, xunto coa existencia de obstrucións nasais, lingua longa, vía respiratoria estreita e certas formas de padal e maxilar. Outra ferramenta diagnóstica que complementa ao estudo efectuado polo polisomnógrafo no CHUP é a historia clínica, elaborada polo equipo asistencial da Unidade do Sono.

A miúdo tamén se efectúan enquisas, cunha serie de preguntas acerca da somnolencia diúrna, a calidade e os hábitos de sono dos pacientes. Ademais, todos os doentes en tratamento da Unidade do Sono do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra controlanse polo sistema de telemonitorización desde hai catro anos.

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez participa na visita ao pazo de Lourizán co equipo gañador...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, ao pazo de Lourizán co equipo...

0
As Neves avanza na rehabilitación urbana e confirma a inminente licitación do enlace de Setados coa PO-400 • O goberno municipal reuniuse coa Conselleira de ...

Este San Valentín, en Nigrán, teatro para amantes e “desamantes”

0
O grupo amateur de teatro Denigrantes Comediantes regresa ao  Auditorio Municipal do Concello de Nigrán coa súa obra teatral Te amaré hasta que te...

A Deputación é seleccionada para optar aos Premios Ondas Globais do Podcast co proxecto...

0
O programa provincial é un dos cinco finalistas na categoría de Podcast en Lingua Cooficial, e os gañadores coñeceranse o próximo 12 de marzo O...

A Deputación organiza esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 14 e 15 de febreiro levarán a familias de 15 concellos ao Hotel Bahía de Baiona, ao Carlos I de...

Abanca Cimag-GandAgro 2025 explicará innovadores proxectos en distribución sostible de xurro e monitoreo de...

0
• SERÁ EN DÚAS XORNADAS ORGANIZADAS POLO CAMPUS TERRA DE LUGO E A ASOCIACIÓN AGRARIA DE GALICIA (ASAGA) • ESTA V FEIRA PROFESIONAL DE MAQUINARIA,...

Publicacións Relacionadas