HomeO SalnésA Illa de ArousaUn relevo para tomar impulso

Un relevo para tomar impulso

- Anuncio -spot_img

Manuel Suárez encabezará a candidatura municipal do BNG na Illa de Arousa

A Asemblea Local do BNG na Arousa, logo dun proceso de análise e reflexión sobre a situación política nesta localidade, vén de aprobar o relevo na candidatura.

Este relevo ábrese a proposta do actual portavoz, David Mochales, tendo en conta a súa propia situación persoal, por mudanzas recentes de domicilio e do ámbito profesional que o afastan da Illa no curto e medio prazo.

Isto, xunto co diagnóstico do contexto político e económico da localidade e o crucial do momento, aglutina nunha escolla de candidatura á altura dos retos actuais, na persoa de Manuel Suárez, quen foi presentado este sábado na sede comarcal do BNG, arroupado pola Parlamentaria e membro da Executiva Nacional do BNG, Montse Prado, o responsable comarcal Manuel Domínguez e membros da candidatura (o propio David e Laura Castro).

Un perfil fortemente ligado ao nacionalismo arousán

Natural da Arousa, ligado dende hai máis de 25 anos tanto ao BNG como á causa da independencia da Illa, estivo afincado en Canarias durante 17 anos por motivos profesionais (é funcionario). Nese tempo mantivo o seu compromiso e colaboración coa organización, tanto no grupo do BNG na Emigración como co grupo local da Arousa a pesar da distancia, colaborando e asesorando aos distintos portavoces.

No seu retorno hai dous anos implicouse activamente coa organización, aceptando o posto de Responsable Local. Agora, tras a proposta da Asemblea Local, asume este reto con afán integrador, compoñendo un equipo de traballo con persoas de diversos ámbitos para deseñar as propostas de solución aos problemas da Arousa, que pasan pola incapacidade do modelo actual para prover a toda a veciñanza de emprego, recursos e servizos dignos durante todo o ano. E nesas solucións o goberno municipal debe ser un axente activo, non un simple espectador como na actualidade.

Un cambio de modelo necesario

Tanto Montse Prado coma o propio Manuel Suárez resaltaron as potencialidades do municipio en diversos eidos (ambiental, patrimonial, pesqueiro e marisqueiro, cultural…) para converterse nun concello de referencia, como xa o son aqueles onde o BNG aplicou un modelo transformador.

Dito modelo baséase no coñecemento da propia realidade e a aposta polas propias capacidades, sen complexos nin imitacións, converténdose hoxe en referencias mesmo internacionais (Pontevedra, Allariz, Carballo…), tendo o municipio arousán ingredientes dabondo para cociñar unha receita de éxito.

Publicacións Relacionadas